Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cen homes vestidos de azul

miércoles, 09 de mayo de 2012
Un voceiro do goberno central falou dos membros do 15M recentemente, curándose en saúde diante da previsible celebración do primeiro aniversario dun movemento que asombrou a todos polo inopinado da súa aparición, pola súa innegable coherencia e pola trascendencia no espazo e no tempo das súas iniciativas.

Destacou que as manifestacións en tempo e forma eran totalmente legais e respectables, pero que de ningún xeito se ía a permitir a ocupación de espazos públicos a xeito de acampadas ou concentracións similares. E a autoridade competente parece disposta a cumprilo, demostrándoo días pasados en Madrid onde na Porta do Sol se xuntaron case tantos policías como concentrados para disuadilos de calquera iniciativa de facer súas as rúas e aquela praza.

Sol era un fervedeiro o último venres de abril a última hora da tarde cando empezaron a xuntarse rapaces novos sen orden nin concerto, e a poboarse praza e cruces inmediatos con coches de policía dos que sairon centos – non chegarían a mil, non pero eran centos- de policías armados convenientemente.

E a praza era azul mentras o sol brillaba detrás das nubes. E logo os tonos foronse igualando, pero mentras o número dos que non chegaban a ser manifestantes, que manifestación non houbo senón concentración, foi reducíndose diante do impresionante desplegue, os policías mantivéronse impertérritos ata ben entrada a noite, evidenciando que aquel era territorio público, tomado polas forzas da orde pública.

O aniversario do 15M comezou xa en abril, ao remate do mes. Pero, polo que se ve, ou moito cambian as cousas ou nada vai ter que ver coa versión orixinal.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania