123 días
Editorial - miércoles, 09 de mayo de 2012
Segundo as contas que veñen de facerse públicas, os galegos traballamos un total de cento vintetres días ao ano para aboar os impostos correspondentes á Facenda Pública, o que quere dicir que na práctica traballamos para Facenda de Xaneiro a Abril, ámbolos dous inclusive, e só desde comezos deste mes de maio comezamos a percibir o importe do noso traballo.
De ordinario non analizamos esta perspectiva, senón que temos asumido que parte dos nosos rendemento debemos aportalos por solidaridade primaria e contribución aos gastos xerais á organización social á que pertencemos. Pero as porcentaxes parecen estar ben claras, e dase a situación xa mencionada.
Esta situación non é algo inamovible, senón que varían segundo as decisións que tome a Administración, e a cada subida de impostos seguirá un incremento desta cifra de traballo para a comunidade.
A cifra é importante, e parece abusiva, aínda que haxa outros paises do noso contorno europeo onde haxa moito maior aportación popular polo capítulo de impostos, xa que tamén eses países teñen sona e amplamente demostrado- de atender socialmente aos seus habitantes en moita maior proporción e intensidad que as que aquí disfrutamos.
Non hai máis remedio que plegarse á realidade, que os impostos son obrigatorios, e ninguén pode nin debe sustraerse a eles. Pero esto o que si pode traer consigo é unha maior concienciacion da nosa participación directa e, polo tanto, a posibilidade dunha esixencia máis forte de transparencia e claridade do uso destes impostos nosos e polo tanto de control da executoria dos nosos gobernantes e do labor e cumprimento dos seus fins de todas as nosas institucións públicas.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora