Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Rapadoira oral

martes, 08 de mayo de 2012
Contábamos recentemente cómo hai medio século, e durante algúns anos, vivíu Foz a que acaso foi a época mais dinámica do século XX, en orde a actividade cultural e social.

O motor dela fora a S. T. C. Peña da Rapadoira que un feixe de persoas, en xuntanza celebrada o 1º de maio de 1958, aprobaron uns estatutos e elixiron a comisión encargada de tramitar a legalización, que a formaban: ,Jaime Beltrán, Vicente Fdez. Muñiz, Pancho Martínez, Pedro del Riego, Eladio Díaz, Ramón López Beltrán, Eliseo López, César Fraga e Francisco Martínez.

Os fins da mesma eran a potenciación e desenvolvemento de actividades culturais e sociais, así como a promoción turística da vila. Con tal fin alquilouse, para local social, a chamada La Sociedad (mil pesetas mensuais de renta), que era o salón propiedade de Jesús Cageao, “Papaíto”, mesmo a carón do actual Banco de Santander, no primeiro andar, ó que se accedía por unhas singulares escaleiras de caracol; as paredes decoradas con escenas da Carrapuchiña e os 7 ananiños, obra do pintor mindoniense Alonso, que deixara tamén a pegada da súa arte no café Capitolio e no Cotarelo.

Contaba con bar e unha fermosa terraza ó mar. Das moitas iniciativas da Peña, foi acaso a “xoia da coroa” a revista A Rapadoira, da que temos falado, que se ofrecía en dúas versións, alternando os números: escrita e oral; Esta última, sobre todo, unha modalidade, pode decirse, entón inexistente.

Entre vellos papeis gardamos unha foto na que aparece a mesa de redacción dun dos números; Pepe Beltrán, Luis Cordeiro, Toimil, Martín Jaureguizar, este cronista e, ó micrófono, Cesarín e Euxenio Hermida, entrevistando ó doutor don Xosé Candia. Martín, que era persoa de inxeño e de fondo e sarcástico sentido do humor, que naquela ocasión facía a páxina de Deportes, presentara á consideración dos asistentes que, coma sempre, enchían o local, un proxecto insólito: un campo de fútbol redondo, para o que él mesmo redactara a forma de uso e o regulamento. A xenialidade foi, por moito tempo, tema de conversa e debate en tabernas e cenáculos.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES