A política do medo
Cardalda, Theo - martes, 08 de mayo de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO
A recente implantación por parte da Generalitat de Catalunya dunha páxina Web dos Mossos de Escadra, na que se convida á cidadanía á delación con fotos de persoas aínda sen xulgar e
inclusive a menores de idade, ten unha semellanza a aqueles somaténs de principios do século XX.
Logo as medidas de caverna que queren tomar algúns ministros de Rajoy coartando as liberdades: encadearse cos brazos a modo de protesta será considerado un atentado á autoridade; penalizar aos sindicatos e partidos políticos polos danos causados polos
manifestantes; convocar protestas por internet, poida ser delito de integración en organización criminal.
Días pasados en Barcelona denunciaban controis ideolóxicosante o cumio dos banqueiros do Banco Central Europeo. Mossos de Escadra, Policía e Garda Civil estarían identificando a xoves
preguntándolle polas súas ideas políticas. Pecharon a fronteira temporalmente a libre circulación de persoas por si existe unha ameaza de orde público, reforzo de 2300 policías e 1200 gardas civis.
Para máis inri o Presidente Rajoy sae dicindo: Cada venres continuaremos as reformas. O venres que que vén, tamén. Non imos parar ata o final da lexislatura. Agora quere cargarse
o debate do Estado da Nación. ¿Será para o noso fumador de puros necesaria a democracia?
.
Isto é unha estratexia do medo para desactivar a mobilización social contra o desmantelamento do Estado Social. Están a favor de volver a aquela noite do pasado e de taparlle a boca e atar as mans á liberdade.
Todas estas iniciativas represoras son formas de ditadura e demagoxia, imos paseniño á implantación do Gran Irmán que aventurara Orwell na súa xenial novela 1984. Agora os
pasos que nos leva a ese destino son zancadas de xigante.
Poderán poñer cadeas, barreiras e candados a liberdade, pero a miña mente sempre será libre como así foi nos tempos da Longa Noite de Pedra.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora