Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Merendiñas

martes, 01 de febrero de 2005
A gastronomía é cousa seria.

Que llo digan a Alfredo Sánchez Carro, que na súa etapa de Delegado de Información e Turismo en Lugo "inventou" ó final dos anos sesenta aquel slogan de "Y, para comer, Lugo", que deu a volta ó mundo máis directamente coñecido e aínda hoxe, case corenta anos despois, fai que moitos vivan de rendas nas terras lucenses, e que por calquera punto de España que se viaxe os lucenses sexan recibidos como habitantes dunha terra de bo comer.

Se daquela a gastronomía era importante, esta súa importancia non deixou de medrar no tempo transcurrido, e agora é -e será máis no futuro- a hora do turismo gastronómico, como é a do turismo cultural, do turismo da natureza ou do turismo deportivo.

Por eso, os concellos avispados apúntanse a tódolos "bombardeos" e fan apoloxía dos seus productos máis destacados. Quede constancia do traballo que neste aspecto está a facer o concello de A Fonsagrada, na montaña lucense lindante con Asturias onde van rexistrar oficialmente o seu producto máis preciado -o Butelo- do que fixeron feira anual
recentemente.

Moito máis adiante van xa, polo traballo efectuado no pasado, no Concello de Lalín que teñen feira e festa anual, con premio literario e unha Orde que senón é de cabalería é gastronómica, e de abrigo ou capa, que acolle cada ano á flor e nata da política, da economía ou da sociedade.

E tantos outros que celebran festas da coquina ou do percebe, dos callos ou da lamprea, da ostra ou do marisco en xeral, para conseguir que Galicia sexa unha contínua festa gastronómica que conquista a todos polo paladar que é un dos xeitos máis directos e intensos que de conquista poida haber.

Houbo un presidente da Xunta de Galicia ó que alcumaron "Merendiñas" por participar en boa parte dos actos gastronómico-sociais que na nosa terra se organizaban. Pois moi ben; eu creo que esto entra no seu soldo e cometidos. Se esa é unha das nosas riquezas, os gobernantes son os máis directamente chamados a apoialas, sexa en merendiñas ou xantares. Ceas, non, que xa se sabe o que dí o refrán das grandes ceas. "Merendiñas", sí,
que ainda que estamos no inverno o que queda do día dá para alixeirar calquera peso.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES