Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A sombra dos amieiros

lunes, 07 de mayo de 2012
Tombado á sombra dun amieiro da Pitediña está o veciño que ten catro vacas, unha ovella e un burro. O tal veciño responde ao nome de Dositeo Bermejo Suárez, fillo de Emeterio, ao que lle chamaban O Toupeiro, e de Benedicta, máis coñecida pola Coella.

Seica tiña dous dentes grandes. Aínda que outros din que o alcume débese a que paría a cachón, coma unha coella. É que Dositeo Bermejo Suárez ten doce irmáns máis.

El fai precisamente o número 13. Mal número, pensa mentres as pestanas dos ollos lle pesan coma lousas. Ten sono. Pero non pode durmir porque ten medo que algunha vaca lle choute ás verzas de Dominica, a Parrumeira.

Se sucedera tal cousa e Dominca se decatara, ata pode que volvese arder Troia. O carácter de Parrumeira era xa famoso en toda a contorna. Ata os propios homes lle tiñan medo.

Cando oíu o orneo do burro, pegou un salto porque
soubo ao instante que se quedara durmido. Non moito tempo, pero si o suficiente para saber que podía arder Troia en calquera momento. Mais axiña respirou aliviado; as catro vacas, o burro e as ovellas seguían a pacer por entre os amieiros da Pitediña. O burro tan só orneara porque si, é dicir, por vicio.

Dositeo deixouse caer de novo á sombra dos amieiros.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES