Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Francia nova

lunes, 07 de mayo de 2012
Un novo panorama presenta Francia despois das eleccións presidenciais celebradas onte e que remataron, como estaba previsto polas enquisas, coa rotunda victoria do socialista Holande.

De ordinario non nos preocupan demasiado as eleccións en paises inmediatos, pero nesta ocasión véusenos repetindo que tamén nos xogabamos moito nestes comicios que poden marcar unha importante inflexión en canto á política económica que se siga na Unión Europea, especialmente en canto á impulsión económica futura.

Ata o momento o frente común de Angela Merkel e Sarkozy levou o timón que gobernou esta balsa de pedra formada por vintesete comunidades nacionais que corre perigo de facer auga en diversos puntos da súa infraestructura. E atendeuse de xeito especial a combatir radicalmente o déficit por riba de calquera outra consideración, aumentando ingresos e reducindo gastos pero sen investir socialmente na consecución de maior número de postos de traballo, dinamización do consumo, e impulsión do producto interior bruto dos países membros.

Aínda que nada vai cambiar de xeito radical, pode que a elección do lider socialista francés marque un novo xeito de facer política, unha influencia en diferente liña da seguida ata agora, un apoio francés ás voces que se alzan cada vez máis e en máis lugares abogando porque se potencie a actividade económica dos países en lugar de pecharse radicalmente na defensa dun déficit cero que, por outra parte, tamén é desexable en calquera conta pública.

Comeza un novo tempo onde a “grandeur” pode marcar unha época, o comezo dunha nova situación que todos estamos agardando para saír da barrena na que nos sentimos metidos como componentes de comunidades que navegan sen máis rumbo que o que marcan uns mercados desnortados que cada día alteran os puntos de referencia.

Agora confiamos en Francia, porque non confiamos nas nosas forzas como país dentro dunha Comunidade que acabará por caernos demasiado grande.

Se Francia toma outro rumbo, porque mellor lle acomoda, agardemos que tamén nos beneficie, que ata agora non vimos unha sóa boa nova no que vai de ano, máis ca esperanza de que o que sexa bo para Francia sexa bo para nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania