Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Grúas en folga

lunes, 31 de enero de 2005
A maioría dos servicios dos que disfrutamos son algo tan habitual nos nosos costumes e na nosa vida que estamos afeitos a que funcionen dun xeito case automático, sen preguntarnos polas circunstancias que poden afectarlles nin polos mecanismos que os moven.

E se en algún momento faltan ou fallan é cando notamos a súa importancia, a necesidade que deles temos, e a dependencia que creou en nós o seu habitual funcionamento.

Esto ocorre con servicios básicos como a enerxía eléctrica, o gas, a auga, a recollida de lixo; ou complementarios como o control aéreo nos aeroportos, os taxis, o transporte de mercadorías ou os coches grúa que auxilian na estrada ós vehículos con problemas.

Xa hai un tempo, os empresarios de grúas fixeran oir as súas voces de protesta polos baixísimos importes que as aseguradoras pagan polos seus servicios, que -según eles- non chegan a cubrir os custos que sofren.

A primeira folga parece que non produciu resultado algún, e unha nova protesta se plantexou días pasados, coa desafortunada coincidencia co temporal que -se ben respectou a maior parte de Galicia- encheu de frío, neve e xeo a xeografía española.

A manifestación quedou un tanto desvirtuada porque a necesidade fixo que os servicios mínimos fosen máis que eso. E o tema quedou así.

Veñen agora de voltar ó traballo, pero coa advertencia de que en Semana Santa volverán á folga se antes non se solucionan os seus problemas.

Por avisos que non quede. E algo poderá dicir a Administración, que ten unha Dirección Xeral de Seguros, para mediar no conflicto. E tamén Tráfico e quen sabe cantos departamentos máis.

As grúas en folga son un perigo para a circulación, aínda que retiren da vía os vehículos avariados que poidan crear perigo. As grúas en folga -e xa van dúas veces- son sinal de que algo non funciona, e non son precisamente elas senón quen non sabe escoitar as súas continuadas queixas.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES