Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rubalcaba, angustiado

viernes, 04 de mayo de 2012
Son só titulares de prensa, pero responden a confesións efectuadas nun momento determinado da vida de persoas públicas, e polo tanto responden a confesións. Confesa Rubalcaba que todos – suponse que el tamén- temos pasado, con este novo goberno, do medo á angustia; da esperanza tenue á desesperanza profunda.

As palabras son sempre traicioneiras porque deixan traslucir estados de ánimo, e eso nun político –xefe da Oposición neste caso- é ou pode ser problemático.

Confesar que había esperanza tenue no momento das últimas eleccións xerais significa pensar que naquel momento, alomenos naquel momento, o Partido Popular presentaba diante do electorado unha perspectiva mais favorable que un Partido Socialista incapaz de ilusionar.

E declarar que había medo naquel momento, que para el tiña que ser tranquilidade contida porque os seus tiñan na man as rendas do poder para solucionar os temas que nos agobian, tampouco nos tranquiliza.

Que daquela esperanza tenue pero con medo se teña pasado á desesperanza profunda angustiosa, pode ser que non signifique máis ca a evolución dunha situación imprevista que camiña desenfrenada no medio de todas as inclemencias temporais cara a ningunha parte, nunha viaxe que os políticos deberan ter prevista aínda que os cadernos de bitácora últimamente estean quedando obsoletos.

Non serei eu o que desminta a Rubalcaba en relación coa situación. Porque pode mesmo ter razón, e que houbese medo angustioso daquela e agora angustia medosa, e que houbese esperanza tenue entón e desesperanza fonda agora. Faría falla ser un especialista en sentementos para analizar exactamente o que pasa polas nosas cabezas no momento en que todo o entramado económico, parte do social, e algo do político, parece esborrallarse como teito de palla diante dun fenómeno tormentoso deses que agora dan en chamar cicloxénesis explosiva.

Algúns gurús opinan que á crise aínda lle quedan dous anos para que agromen xermolos de ilusión, e o pesimismo é o sentemento que todos airean como bandeira dun tempo convulso e confuso.

Se Rubalcaba está angustiado, seguro que todos temos razóns abonda para botarnos a temblar.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES