Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Morosidade

viernes, 04 de mayo de 2012
A banca ten xa unha morosidade do oito por cento e está comezando a rachar os velos dunha virxinidade perdida hai moito tempo. Quere esto dicir que por cada cen euros prestados, oito non lle son devoltos, o que contrasta de xeito brutal coa morosidade existente antes de producirse esta crise que andaba polo 0,6%.

Quere esto dicir que os hispanos adoitamos pagar as nosas débedas, mentras podemos. E que se o ceo caíu sobre as nosas cabezas en 2008 aínda que sexa agora cando verdadeiramente notamos a nosa situación, ata ese momento eramos cumpridores e pagadores aos que tiñan confiado en nós.

O de confiar e un dicir porque para que nos prestaran eses cen euros supostos, tiñamos que acreditar diante das entidades de crédito que posuiamos cincocentos ou mil. Pero entón esas entidades andaban rogándonos que aceptasemos máis préstamos, para o que quixeramos, de xeito que movésemos a economía, nosa e deles, animando o mercado.

Asi o fixemos, animámonos e animámolos, e aí está a situación porque nos endebedamos por encima das nosas posibilidades, e agora hai unha porcentaxe importante imposibilitada de saír axeitadamente desta situación impropia.

Claro que esa morosidade, que asusta aos mercados e aos espectadores nos asombra, ten como continuidade os procedementos habituais das entidades bancarias de proceder ao cobro – do xeito que sexa – das cantidades adebedadas que en definitiva non serán problema para os bancos senón que devirán en posuidores de propiedades dos morosos, obtidas polo procedemento de apremio, a precios irrisorios, e a conta de suor e bágoas dos afectados que nunca deberon meterse en aventuras tan descomunais como as que as mesmas entidades os abocaron.

Así que morosidade si, pero á forza. E dela sempre serán perxudicados os mesmos morosos e nunca as entidades bancarias e de aforro que –coas previsións que toman- sempre levan as de gañar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES