Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ser galego é un orgullo!

jueves, 03 de mayo de 2012
Orgullo é unha desas palabras polisémicas,que se pode empregar en contextos ben diferentes. Aquí ímola utilizar no sentido máis positivo da palabra, é decir, como dignidade.

Efectivamente, os alumnos/as da Uned Senior de Xestoso sentímonos moi orgullosos de ser galegos e máis do noso idioma.

Para nós é a lingua máis fermosa e –por se esto fora pouco- a mellor do mundo.

Outro ano máis, queremos unirnos á Real Academia Galega da Lingua para homenaxear a un galego de renome universal chamado VALENTÍN PAZ ANDRADE. Un de tantos Galegos exemplares.

Digo un de tantos, porque sería innumerable o número de galegos ilustres ó longo da dilatadísima Historia de Galicia.

Non vou falar da persoa homenaxeada este ano porque sei que se van a empregar regueiros de tinta explicando a súa aportación non só á lingua galega, senón tamén á economía, á política, etc, dado que se trata dunha persoa polifacética.

Quérome centrar no alumnado da Uned Senior de Xestoso: un nutrido colectivo de persoas dunha e outra banda da Serra da Loba, unidas por un mesmo sentir, por un mesmo falar e por un mesmo facer.

Temos fachenda, moita fachenda. Fachenda da melloriña de ter nacido no xardín de España, ser de raza celta e expresar os nosos sentimentos máis profundos na lingua de Rosalía; que foi traducida á inmensa maioría das linguas máis empregadas no mundo enteiro.

Sentímonos orgullosos por moitas e moi variadas razóns das que tan só vou a expoñer algunhas para non cansar ó lector.

1ª.- Antes de ser concebidos, xa os nosos pais tiñan manifestado o seu amor pronunciando as palabras galegas máis dóces que nunca escoitou nin escoitará ninguén máis que eles mesmos.

2ª.- Durante a nosa xestación, -cando a nosa nai nos transportaba no seu seo- xa escoitábamos a dozura da linga galega manifestada a través das verbas dos nosos pais, parentes e veciños.

3ª.- Cando nacemos –despois do berro de rigor de chegada á luz do día-, xa escoitamos as loubanzas dos nosos seres máis próximos:: ¡Miña xoíña! ¡O milagre da vida! ¡Xa somos un máis na familia!. ¡É saniño! ¡Pero que bonitiño é! ¡Parécese á casta! ¡Grazas a Deus! E outras moitas cousas polo estilo.

4ª.- As primeiras palabras que pronunciamos foron: mamá, papá, avó, avoa, madriña, padriño, irmán, irmá, curmán, curmá, mans, pés, cu, auga, fonte, verzas, cabalo, ovella, can, galiña, etc.

5ª.- Durante un período máis ou menos longo, o leite que mamamos foi leite galego. Primeiro o da nosa naiciña e logo o das nosas vacas rubias galegas. Escoitamos palabras como leite, papas, e máis tarde leite con pan, cachelos con sardiñas, patacas fritas con ovos, mazás, queixo, mel, marmelo…

6ª.- Gozamos coas manifestacións afectivas mentres nos arrolaban no berce ó mesmo tempo que nos cantaban unha nana ou nos contaban un contiño á carón da lareira.

7ª.- Máis tarde seguimos disfrutando no colo dos padriños sentados arredor do llume da mesma lareira nas noites longas de inverno cando nos contaban contos, ou nos ensinaban a contar, a rezar…

8ª.- Experimentamos moita ternura cando nos collían no colo ou ó cabaliño ó mesmo tempo que nos dicían: “Arre, burro arre”

9ª.- Temos disfrutado moito cando nos bambeaban nunha randeeira feita cunha corda colgada nunha cerdeira ou noutra ábrore que se prestara para eso, mentres nos dicían: ¡Aí vai, arriba!
¡Un pouco máis! E cando se casaban ou tiñan présa collíannos no colo, dábannos un bico, unha aperta e unha palmetada no cu. E quedábamos felices porque nos sentíamos queridos.

10ª.- Desde a mañá ata a noite, non oíamos outra lingua máis que galega. De feito ignorábamos que existiran outras moitas linguas.

Todo foi así de ben ata que tocou incorporarse á escola e á igrexa.
Os mestres falaban a lingua de Cervantes imposta cinco centos anos antes polos Reis Católicos.

Os curas misaban noutra lingua aínda máis antiga: o latín que tan só a entendían eles porque o estudiaran no Seminario.

Cos médicos, cos avogados e cos notarios pasaba o mesmo. Todos eran descendentes dos escribanos casteláns que nos madaran moito antes as Súas Maxestades: Isabel e Fernado.

Total, que tivemos que aprender a súa lingua, o castelán. Foi todo un esforzo pero había que sabela para dirixirse ós mestres, ós médicos, ós notarios, ós veterinarios ou, se outro día, tiñas que ir polo mundo adiante

Á forza, si, pero aprendémola o suficiente como para facérmonos entender tanto na pronuncia como na escrita.

Pero as nosas raíces eran as que eran e ninguén foi capaz de arrancalas por moi valente ou moito poder que tivera.

Loitouse moito e pasaron moitos anos ata que conseguimos o Estatuto de Autonomía que recoñecía a lingua galega cooficial xunto coa do Estado Español.

Durante toda a nosa vida nós conservamos o noso idioma no día a día. Non nos foi doado, pero consevámolo. O idioma configura o pensamento e, por eso nos sentimos orgullosos.

Tamén nos sentímonos unidos a Valentín Paz Andrade porque se el foi un gran emprendedor e fixo moito a prol do noso idioma e do noso país; nós tamén o fixemos.

El foi un gran xurista; nos defendemos os nosos dereitos conservando as estremas das nosas leiras, a auga para regar os nosos prados, os nosos dereitos de boa vecindade e os costumes que para nós, son leis.

El foi un gran político; nós soubemos defender os nosos dereitos estando en paz con Deus e máis co César, aínda que moitas veces nos pesaran as cargas que nos impoñían.

El foi un gran empresario impulsor da primeira multinacional galega; nos fomos ampliando como poidemos o noso patrimonio e a nosa calidade de vida.

A vida e obra do autor homenaxeado este ano figura nos libros, nos xornáis e pasará ó anales da historia de Galicia. Nós só figuramos no libro de rexistro civil, no rexistro eclesiástico, os bautizados, no da Seguridade Social e no de Facenda. Nós non pasaremos á historia, pero somos conscientes que sen nós tampouco se podería facer a historia que se fixo.

Nós non colaboramos no borrador do Estatuto de Autonomía de Galicia, pero demos pé a que outros o fixeran depositando un voto nunha urna.

Decir tamén, que hoxe en día, tan só hai catro mulleres fronte a 26 homes nos sillóns da Real Academia Galega da Lingua, pero na Uned Senior de Xestoso, somos máis numerosas as mulleres que os homes. Un cambio importante se está producindo nesta sociedade rural da que nos sentimos orgullosos de sermos galegos, falar, escribir, vivir e sentir en galego.

Por todo esto e por moitísimas cousas máis nos temos fachenda de ser como somos e repetimos que:
¡“SER GALEGO É UN ORGULLO”!

Aportación de MERCEDES CACHAZA PLATAS
Alumna da Uned Senior de Xestoso
Aula de Paderne (A Coruña)
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES