Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Visión Pesimista

viernes, 28 de enero de 2005
A Universidade de Santiago de Compostela ven de facer público o seu Barómetro político, confeccionado en base a 1.200 entrevistas (300 por provincia), que ten como principal conclusión que o PP non acadaría a maioría absoluta nas próximas eleccións autonómicas, quedándose a tres ou catro escanos da cifra máxica dos 38 deputados.

O Psoe conseguiría entre 23 e 24, e o Bng 17.

En primeiro lugar, eu non sei porque lle chaman "Barómetro político" a esta enquisa e non "Termómetro", xa que se un mide a presión atmosférica, o outro mide a temperatura, e a política ten máis de fervenza, fervedura ou fervor ca presión soportada. Pero deixémolo así, porque o principal é a visión pesimista que se respira deste estudio, non sei se interesada ou non.

Calquera forza política dos paises da vella Europa daríase cun canto nos dentes con obter esa proporción de votos; eso é: con gañar unhas eleccións por maioría tan ostensible. Maioría que, é verdade, non posibilita o goberno en solitario, senón que precisa de pactos. E aquí, os pactos non se fan "a favor de", senón "en contra de", neste caso en contra
do Partido Popular.

Conseguir 35 escanos (ou 34) dun total de 75 é un resultado moi bo para unha forza política. E sería máis bo aínda se estivéramos afeitos a que goberne a forza política máis votada, aínda que teña que depender dos pactos, das negociacións, das conversacións... para poder gobernar.

Esta visión pesimista duns posibles resultados electorais pode perfectamente reflectir a perspectiva pesimista que moitos teñen -ou temos- da negociación política, do traballo dos políticos en xeral. A visión pesimista ven dada pola experiencia de que só tendo a sartén polo mango (e o mango tamén) os nosos políticos son capaces de gobernar, indo sobre
seguro.

De aquí ás eleccións pode pasar de todo. Faltan arredor de nove meses, e nese tempo é sabido que maduran moitos procesos. Será un parto difícil, pero agardemos que o embarazo se leve sen sobresaltos.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES