Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Procesos de selección de personal

jueves, 03 de mayo de 2012
A IMPORTANCIA DAS DINÁMICAS DE GRUPO NOS PROCESOS DE SELECCIÓN DE PERSONAL.

A dinámica de grupo crea o escenario idóneo para poder seleccionar os mellores dos mellores. É unha proba viva e dinámica, na que os protagonistas están interactuando, e de forma sutil, van aflorando actitudes, aptitudes, capacidades e competencias.

A dinámica pode consistir en: armar un lego; tirar un ovo desde unha altura considerable, sen que se rompa; transportar pelotas de tenis nun caldeiro invertido ou resolver un caso práctico con varias alternativas.

Todas elas conducen a identificar de forma individual, variables tan importantes, que van dende a iniciativa, pasando por a orientación a resultados, a flexibilidade, a asertividade, a empatía, o traballo en equipo, a forma de comunicarse, a creatividade, a innovación o deseño de estratexias, o ríspeto, a capacidade de liderar, o aguante da presión, a eficiencia a eficacia cos recursos ate o compromiso.

Para rentabilizar estes indicadores, é preciso ter en conta estes fitos:

1. Coidar con moita precisión o primeiro impacto, é o chamado efecto primacía, vai a ser moi importante como te moves, a forma de mirar, como te relacionas ou como te sentas. Eses primeiros vinte segundos son como os primeiros pasos nun concurso de baile.

2. Debes de ser o primeiro en falar. Unha forma sinxela pode ser cunha boa pregunta, dando os bos días ou as boas tardes ¿Qué vos parece, presentámonos? Eu chámome Manuel … o resto ven solo. Este é o momento de memorizar o nome coa súa ubicación, utilizando o método loci, así cada vez que te dirixas a persoa podes facelo por o seu nome, iso axuda a xerar confianza.

3. Unha vez explicada a proba por os responsables da dinámica, é o momento de facer unha segunda pregunta, pode ser deste estilo “temos un gran reto, estou seguro que entre todos o conseguimos”.

4. Considera a todos os que participan no teu grupo como se fosen os teus aliados, nunca os vexas como contrarios. Intenta sacar o mellor de cada un deles. O que vexas que non participa, busca a forma de implicalo, sempre cunha pregunta do tipo ¿En que nos podes axudar? ¿Qué se che ocorre?

5. Coida a comunicación, tanto o linguaxe verbal como o corporal, neste sentido: utiliza verbos de acción, en positivo e en plural; frases curtas de suxeito, verbo e predicado; cambia a palabra “pero” por “i”; evita as palabras de carga negativa e os xestos parasitos.

6. Fala o preciso e no momento oportuno. Debes de ser claro, conciso, directo. Dinamiza o grupo de forma sutil, a base de boas preguntas. Recorda que quen leva as rendas da comunicación, non é o que máis fala, senón o que mellor pregunta.

7. Valora todas as apartacións, a vez que pides permiso para ir tomando nota delas.

8. Si se produce un atasco, fai ver a situación, e pregunta a ver se saen novas estratexias ou alternativas, para poder seguir avanzando.

9. Cando falten sete ou oito minutos para finalizar, faino saber, esta pode ser unha boa forma “quédanos oito minutos, temos estes avances, qué máis podemos engadir.

10. Cerra de forma maxistral, é o chamado efecto primacía. Presenta o resultado como unha labor de equipo.


O ir coidando toda a cadea de valor, ocorre algo máxico, o conseguir constituír un grupo de traballo e evitar que cada un fose por libre, a medida que se vai avanzado na dinámica, vanse fortalecendo os lazos da confianza e do compromiso, e o máis seguro é que se acabe cun equipo de alto rendemento, e ti a primeira persoa seleccionada do grupo, e ben seguro que algunha máis. Hai que ter en conta que onde se selecciona o candidato é na dinámica, a entrevista queda para matizar certos detalles.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES