Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

SGAE, capital Reixa

miércoles, 02 de mayo de 2012
A SGAE é como un país dentro do país. Unha todopoderosa asociación de autores e editores con longa traxectoria, que ten imposto a súa lei nun campo outrora ermo que se foi cubrindo de brotes ben verdes, oportunamente aproveitados nunha xestión que pode calificarse de eficaz ata o extremo.

Moitas lendas urbanas fixo xurdir o traballo recaudador da SGAE, que terían o seu pequeño punto de verdade quizais, pero que –como noutros moitos casos da nosa actualidade recente- quedaron empalidecidas polas realidades que se nos fixeron presentes.

Remata unha etapa nesta Sociedade de defensa do autor, nunca ben entendida e posiblemente nunca ben planteada; unha etapa problemática, controvertida, e comeza outra nova etapa na que un galego, destacado membro da nosa actualidade cultural desde hai décadas, vai ser a cabeza visible.

Se a SGAE é un país, Reixa será a capital, “primum inter pares”, cabeza visible. Ten por diante un traballo arduo, pero tamén capacidade demostrada de saber torear en todas as prazas mesmo nas que non hai, e seguro que se ha saber perfectamente cando sobe e cando baixa, cando vai de broma e cando de veras.

Agardamos moito de Reixa á fronte da Sociedade de Autores e Editores para reactivala, dignificala e humanizala. Polo ben de todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES