Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Iberia

jueves, 27 de enero de 2005
Naqueles meus tempos escuros da mocidade, conseguir un emprego en Iberia era moito mellor que logralo en Telefónica, na Renfe ou nun Ministerio. Iberia era nos anos sesenta o paradigma de empresa en expansión, punteira en Europa e no mundo, co absoluto respaldo do Estado.

Eran os tempos do boom do turismo, dos millóns de viaxeiros transportados, da compañía máis rendible de occidente. Pero tamén duns precios prohibitivos que facían que o viaxar fose non só unha aventura senón tamén un imposible.

Andando o tempo, poñamos que a mediados dos oitenta, viaxar en Iberia aínda era oneroso, e unha viaxe Santiago-Madrid-Santiago ou Santiago-Barcelona-Santiago debía andar por arredor das cincuenta mil pesetas, que se non era un capital achegábaselle bastante.

E nesas que chega a "apertura", a democracia empresarial ou a igualdade de oportunidade entre empresas, Correos pasa a ser unha empresa privada, a Telefónica ve medrar empresas competidoras que lle arrebatan boa parte do "pastel" das telecomunicacións, e a Iberia aparécenlle outras compañías que baixan precios ata niveis inverosímiles.

Para conseguir estes precios, que levarán e traerán viaxeiros por millóns, os poderes públicos subvencionan en cantidades moi importantes estas accións entendendo que van ser un revulsivo para o sector e para as correntes turísticas.

E diante desto, Iberia pide igualdade de trato, aspirando a subvencións agora que a competencia xa é inevitable.

Haberá que pedirlle que presente un plan verdadeiramente revolucionario, para que poida aspirar tarde ó que outros madrugaron.

Iberia ten, como Renfe, Telefónica, as compañías eléctricas ou Campsa, a rémora de ter sido estatal nun tempo, gozando de tódalas prebendas. E ese estigma aínda ha tardar tempo en desaparecer, xa que calquera acción ou reacción que emprendan ou manifesten, lembraranos a todos que houbo un tempo no que impoñían a súa lei no mercado sen
posibilidade de resposta. Agora, están ás duras.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES