Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Preocúpalles o Ave

lunes, 30 de abril de 2012
O Ave preocúpanos aos galegos polas dificultades que a súa consecución comporta, e polo que agardamos del de promoción e axilización da nosa vida económica. Lóxico é que nos preocupe, porque somos os máis directamente afectados; os únicos directa e verdadeiramente afectados.

E sen embargo visto está que o noso Ave preocupa a representantes doutras comunidades autónomas que mellor farían en xustificar e reforzar as súas peticións sen buscar comparacións que resultan agresivas, que en nada os benefician e rebaixan calquera dereito reivindicativo que pudieran ter.

Veñan as críticas dun deputado socialista andaluz ou de converxentes cataláns, nacen deslexitimadas por non ter papel nesta loita, e evidencian carencia de argumentos para as súas reivindicacións se para sostelas precisan agredir a quen non o merece.

As preocupacións deben corresponder exclusivamente aos afectados, e agardemos que á larga non estean xustificadas. O resto dos preocupados deben ser exclusivamente – son – convidados de pedra.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania