Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A cartilla de racionamento

lunes, 30 de abril de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO

Lembro aqueles anos 50 do pasado século, cando ía coa miña nai collido ao seu mandil para mercar aceite coa cartilla de racionamento; anos de fame para milleiros de persoas deste país.

Non foi así para moitos adictos ao réxime franquista que calmaban a fame a conta da maioría que estaba desamparada. Co tempo paseniño e con moitas dificultades foise avanzando. Non entanto, sempre percorremos o camiño moi por debaixo dos países do noso
entorno.

Isto ven a conto polo que agora estamos a pasar; non lembro nos meus anos de vida unha “crise” tan salvaxe como esta, probablemente estamos asistindo á maior estafa da
“democracia”.

Estou completamente abraiado ante o xiro que tomou en catro meses este Goberno: Aprobar os presupostos e logo modificalos cun recorte de dez mil millóns en Sanidade e Ensino. Temos
que ser consecuentes que este foi o primeiro paso adiante da destrución do modelo de sociedade.

Promesas desfeitas de non subir os impostos e logo a baixada de renda das pensións coa introdución do “copago”. Preparación do asalto á RTVE como elefantes nunha cacharreira; proxectos de leis do código penal que atentan ás redes en Internet; represión coa
cárcere en manifestación pasivas considerando unha cadea humana atentado á autoridade.

É de mágoa estar asistindo aos meus anos a un deterioro deste país, desfeita que lémbrame aqueles anos 50 do fascismo. É un crime de lesa humanidade ir contra a saúde dos máis febles
na sanidade e o futuro do ensino é abondo moi negro.

Este Goberno debería implantar a cartilla de racionamento e volver ás cavernas, para así os seus adictos que nos meteron nesta estafa poidan seguir vivindo moito mellor á conta dos
honestos cidadáns.

¡ Coidado !. Non tiren moito da corda que poden coller callos nas mans.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES