Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pobre Galicia rica

miércoles, 26 de enero de 2005
Os galegos temos conciencia de vivir nun país pobre, con pobreza derivada de herdanzas políticas e sociais, pero rico en posibilidades, en terra, en minerais, en xente.

A pobreza dos galegos sabemos que é relativa porque aquí todos temos "onde caernos mortos", con minifundismo e polo tanto pequenas propiedades, pero cun reparto social importantísimo se o comparamos con outras rexións ou autonomías hispanas onde a propiedade da terra pertence a uns poucos.

Galicia, colectivamente, é unha nacionalidade pobre, derivada da lonxanía ós centros de poder durante tanto tempo, debido á sangría da emigración, debido á carencia de infraestructuras e polo tanto de industrialización.

Pero as cousas cambian, e Galicia neste momento chega a un índice de 74,9% de renda, en relación coa media das xentes da Comunidade Europea, moi por diante de Extremadura e Andalucía, e algo por diante de Castilla-La Mancha.

Está moi ben o ascenso experimentado neste campo, pero non tanto se temos en conta que en canto chegue ó 75% deixará -deixaremos- de percibir os fondos da Comunidade Europea para as zonas deprimidas por chegar ó umbral de riqueza. Co que se dará a paradoxa de deixar de percibir 750.000.000 € ó ano, imprescindibles para progresar, por ter progresado
gracias a eses fondos.

O problema é que o factor decisivo deste ascenso, á parte do natural progreso, é a entrada de novos países na Unión Europera, con menor nivel ca nós, co que o promedio xeral de riqueza baixa e a nosa ascensión nótase máis.

Seguimos sendo un país en vías de progreso -o de pobre, é un termo en desuso- pero, en comparación cos máis desfavorecidos, somos un país rico. ¡Pobre Galicia rica!, ¡Canto che queda aínda por camiñar!.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES