Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Felicidades, Heraldo de Viveiro

viernes, 27 de abril de 2012
Cen anos, é unha idade rotunda para unha iniciativa, para unha empresa, para unha persoa. Especialmente para as persoas xa que, aínda que se afirma que os nenos que agora nacen van durar como mínimo ese tempo polos cuidados que reciben, a mellora de condicións ambientais e sanitarias, o certo é que na actualidade son contados os que chegan a esa cifra redonda, rotunda.

Proba de que o tempo que dura un século é un período respetable é que mesmo o refrán – “Non hai mal que cen anos dure” – pono como límite das malaventuranzas humanas. E seguramente é verdade, que a vida da moitas voltas e o que o vento bota de frente un tempo pode virar a vento de popa na primeira refolada.

Pero o que si pode haber é algun “ben” que cen anos dure. En Viveiro temos a proba. Chámase “El Heraldo de Vivero”, e é o decano dos semanarios locales de Galicia.

Naceu o ano 1912, cando se afundíu aquel xigante Titanic chamado a señorear os sete mares; cando faltaban cinco anos para a Revolución rusa ou o inicio da Primeira gran Guerra; cando faltaban trinta e catro anos para a nosa triste Guerra Civil.

Cen anos despois, 2012, o Heraldo segue vivo sendo a única das trinta cabeceiras que houbo naquela cidade que mantén o semanal contacto cos seus lectores en todo o mundo viveirense.

Porque o Heraldo semanal, en formato de oito páxinas en doble folio, é moito máis que un xornal para seguir as novas de Viveiro, e a través del é posible seguir os latexos dun pobo vivo, capital do noroeste das terras lucenses, no que cada celebración é un acontecemento e eses acontecementos teñen vida impresa, negra sobre branco, nas páxinas entrañables dun Heraldo centenario que vai a por todas, e especialmente por moitos anos máis.

Hoxe o potencial dun pobo mídese pola súa industria, o seu comercio, e os seus medios de comunicación. Se un pobo ten unha emisora de radio dinámica demostra ser un pobo vivo. Se ademáis ten un xornal con tanta solera e tanta historia, ese pobo demostra ter un pasado evidentementre aproveitado que garantiza un firme futuro.

Felicidades, Heraldo viveirense polos teus primeiros cen anos. Que todos os nosos medios informativos cheguen con ben e superen esa idade.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES