Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Despedindo a Toñi Ónega

miércoles, 25 de abril de 2012
Despedindo a Toi nega Os membros do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá ó que Toñi pertencía, queremos expresar a nosa amizade e a nosa condolencia cunha oración na súa lembranza, pola súa ledicia, polo seu ánimo, polo seu entusiasmo.

O Grupo Fonmiñá somos en teoría duascentas persoas xuntas nunha asociación para potenciar e disfrutar a imaxe como medio de expresión, como elemento imprescindible na vida dos seres humanos. Digo en teoría dúascentas persoas, porque hai que entender que somos dúascentas familias xa que cada un de nós inflúe nos que lle son máis cercanos.

E dentro desas familias estamos os membros da directiva, con moitos anos de convencia (tamén) familiar, que nos vemos a cotío, que nos xuntamos de cando en cando, que pasamos xuntos sinsabores e alegrías, que facemos cine e imos ao cine, que temos devoción pola imaxe que acompaña ou sustitúe á palabra.

Nesa Directiva estamos sete amigos, seis deles coas nosas compañías, valorando nelas a comprensión, a tolerancia, a solidariedade. E cando nos xuntamos somos trece. E se falta un ou unha, estamos incompletos.

E desde agora, fáltanos unha. Faltaranos Toñi arredor dunha mesa, nas actividades da Semana de Cine, en calquera lugar onde estivera representada Fonmiñá.

Porque todos nós temos moi claro que a presencia silenciosa pero certa, matemática, de Guisa (José Manuel Guisasola Escudero) é imprescindible para que todo funcione. E a súa meticulosidade é indispensable para contrapesar os nosos entusiasmos improvisados, para dar tranquilidade ás nosas aventuras, para poñer “sentidiño” en calquera tema que precise sensatez.

Pero Guisa, como dirìa Ortega, é el e a súa circunstancia, que nunca se puido entender en solitario. E con Guisa, ao lado de Guisa, detrás de Guisa, estaba Toñi Ónega, que non era da directiva porque non lle facía falta, pero tiña tanto papel nela coma calquera de nós.

Para ser de Fonmiñá non hai que ser fotógrafo senón ser entusiasta da imaxe, pero Toñi era fotógrafa entusiasta, dos bos fotógrafos que na casa temos. E ten participado en exposicións, en certames, en mostras. E ten colaborado en que as iniciativas chegasen a bo porto. E ten traballado de xeito calado porque o traballo de todos fose máis importante.

Estando Toñi estaba garantido o bo ánimo, o sorriso fresco, o entusiasmo, a alegría... E esa imaxe é a que nos queda aos que non puidemos seguir os últimos momentos da súa vida terreal , e queremos lembrala coa vitalidade á que nos tiña acostumados, ó entusiasmo que contaxiaba, e ao sorriso e a alegría que tanta falla nos fai agora e sempre, nos momentos en que a vida no lembra a febleza do corpo que parece que pode nun momento coa alma invencible por natureza.

Á familia máis directa de Toñi, a nosa testemuña da condolencia máis sentida, porque entendemos o oco inmenso que deixa nos seus. A todos os que fomos – somos – seus compañeiros e amigos, a lembranza agradecida pola súa presencia, pola riqueza que supuxo disfrutar da súa amizade, por compartir a Guisa connosco tanto tempo, por facer de nós tamén – ampliándoa- un pouco, a súa familia.

Por eso, Señor, esta oración extraña na que damos gracias por Toñi Fernández Ónega e a ti por dárnola; á súa familia por compartila connosco; e aínda que o noso natural egoismo humano non día comprendido abondo a túa presa por levárnola contigo, tamén comprendemos que queiras rodearte dos mellores e que quixeras proveer algunha plaza vacante que tiveras por aí relacionada coa alegría, co entusiasmo, coa devoción, coa colaboración e coa vida, que entendemos son algúns dos valores que máis contan á hora de superar este trance dunha vida efímera á vida grande que ti nos gardas.
O próximo mes de setembro, lembraremos na Semana de Cine a Toñi cunha homenaxe. Pero polo de pronto, aí che vai este adianto a xeito de Prego, para testemuñar que nin estaba sóa aquí, nin – sabemos- estará aí en silencio.

(Na Igrexa de San Froilán de Lugo, o 14 de abril do 2012).
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES