Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Bautizos civís

martes, 25 de enero de 2005
Agora que o matrimonio católico -o de toda a vida- está en crise, xurde o matrimonio entre xente do mesmo sexo que loita con tódalas súas forzas por "santificar" a súa unión.

Agora que os bautizos relixiosos teñen os seus máis e os seus menos, aparecen os bautizos civís.

O adiantado en Galicia é o concello de Guitiriz, nun extremo da Terra Chá lucense, que vai crear unha ceremonia de "acollida civil" naquela comunidade para os máis novos dos seus membros ós que os pais non desexen celebrar bautizo católico.

Este "bautizo" non terá valor xurídico pero sí quedará constancia del no Concello ós efectos oportunos para que o día de mañán o residente recibido teña -aparte da correspondente inscrición no Rexistro de nados- posibilidade dun certificado de ingreso na Comunidade guitiricense.

Se esto parece unha intromisión nos asuntos da Igrexa, máis é a do Santo Padre que, esquecendo tódalas normas protocolarias e de relación entre estados (a fin de contas é o Xefe dun Estado) arremeteu contra o labor que según el está facendo o goberno español, e mesmo se pronuncia sobre o Plan Hidrolóxico hispano.

Mal andan as cousas cando se mesturan os temas terrenais e espirituais que de sempre residiron en mundos diferentes.

Claro que se vamos a eso sempre andiveron mal: Lembremos a Franco entrando baixo palio nas catedrais e propoñendo ternas para a designación de bispos.

O que pasa é que coidabamos que aquel tempo quedaba xa moi lonxano.

Pero sempre existe a tentación, dun e doutro lado, de entrar na finca do veciño a probar os froitos das súas árbores.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES