Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Culpa da política... ou dos políticos?

martes, 24 de abril de 2012
Os niveis tan baixos nos que se desenvolve a política na nosa bisbarra reflictese cada dia nas páxinas dos xornais. As declaracións ateigadas de insultos, directos ou mais ou menos solapados; a virulencia dialéctica e as mútuas acusacións por comportamentos e actuacións idénticas de uns e outros, emborrallan o que debería de ser un proceder respectuoso e distendido, evitando que esa lección permanente de incivismo, se tansmita ao compoñente normal do celectivo cidadán : é decir, aos homes e mulleres que co seu honesto trafegar diario, e as relacións e convivencia armónicas e aínda cordiais, constituen o que é a esencia dos pobos, e proporcionan o marco adecuado para que a vida na sociedade discurra polos vieiros da normalidade.

Cidadáns que, por outra parte, e de forma obrigada, contribuen co pagamento dos impostos a soster o entramado vociferante que se alinea nos distintos partidos; impostos dos que cobran os seus emolumentos os ocupantes das tan codiciadas poltronas institucionais.

Esta situación, crispada e intolerante, que vive un amplo sector político da Mariña, con non disimuladas fobias, e os posicionamentos persoais, localistas e sectarios, ou claramente partidistas, agrava a recoñecida incapacidade dos rexidores dos concellos para afrontar iniciativas comúns, necesarias ou convenientes, baseadas na racionalización dos recursos e mesmo no interese indudable que, por exemplo, na faceta turística, terían as actuaciós conxuntas.

Tal ambiente de tirantez e enfrontamento non é o mais propicio para o diálogo (que non existe) e o consenso. Non faltarán, sen embargo, as repetidas declaracións trunfalistas e demagóxicas aos medios de comunicación aínda que, como nos teñen acostumados, nunca pasarán daí.

Está claro que, de non variar as circunstancias, e non resulta previsible, nen a Mancomunidade de Concellos da Mariña, nen fundacións, nen a comisión de infraestructuras, hai algúns anos presentada a bombo e platiño, nen os padroados de turismo, dos que se levan anunciados non sabemos cántos, terán a necesaria operatividade para cumprir cuns obxetivos, de cuxa idea nen sequera todos participan. Moitas veces, de tales evidencias, cúlpase á “política” e nós preguntamos: e esa señora ¿quén é?.

Do termo “política” estase a facer un uso distorsionado e interesado, e nel pretenden agocharse os que a exercen, crendo atopar nese caixon de xastre a xustificación para as súas tropelías de diversa índole; e aínda as xentes do común parecen aceptalo resignadamente, co aparente convencemento de que “son cousas da política”, adxudicándo á mesma un fatalismo que non lle corresponde.

En consecuencia, preténdese converter en “causa” o que é “efecto”. A acción parte dos políticos, e a bondade ou perversidade da política depende únicamente das actuacións e comportamentos de quen a exercen. A política é un axente pasivo; os actores, os que a ela se dedican, son quen a definen e imprímenlle carácter e, polo tanto, os responsables da situación.

Non hai dúbida de que se estes políticos fosen, por convicción, demócratas e como tal actuasen dende a honestidade, a transparencia, a tolerancia, o diálogo, o respecto aos pobos e ás xentes, a política sería moi outra, e os seus factores, gozarían do prestixio e credibilidade dos que carecen.

Preguntaron nunha ocasión a Carlos Cano : “¿Qué pasa con la política?”

E o malogrado cantautor, respostou: “La política ha desaparecido como ética de comportamiento personal y colectivo. Una política generada por gentes tan mediocres, tan mezquinas, no vale la pena. Pero es lo que hay en la pescadería”.

Namentres non se dea unha rexeneración nos axentes políticos, e troquen os “chips”, mesmo das súas capas mais baixas (coma os que temos entre os pés), a política será o que é, porque ésta é o “efecto” e aqueles as “causas” que os producen. A politica non é unha entelequia: ten nomes e apelidos.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES