Gasto farmacéutico
Editorial - jueves, 26 de abril de 2012
É difícil ser ecuánime nestes tempos e nestes temas. Porque cando de recortar se trata todos asumimos que é posible aforrar en temas superfluos ou menos importantes ca outros, entendendo a práctica totalidade dos que poidan ser consultados que hai sectores intocables como a sanidade, que é o presente, e a educación que é o futuro.
E sen embargo, tamén neses temas tan sensibles se van efectuar recortes ou introducir elementos que modifiquen a situación e as reglas do xogo ata agora vixentes.
Polo que á sanidade se refire, todos somos conscentes que temos un sistema hospitalario, unha sanidade, á altura das mellores do mundo, concebida e posta en marcha cando España era algo así como a décima economía mundial. Pero desde entón, e hai moi poucos anos, moitas cousas teñen cambiado, e as circunstancias non se asemellan en nada ás que rexían a mediados da pasada década.
Un dos temas que agora se vai afrontar é o do custo das menciñas, chámeselle copago sanitario ou como se lle chame, pero o gasto farmacéutico vaise repercutir de xeito decidido nos enfermos consumidores de productos farmacéuticos.
Arguméntase o gasto excesivo, e que o novo sistema axudará a conter este exceso. E segundo o poder adquisitivo do enfermo así terá que contribuir ao custo dos seus tratamentos. Se esto se aplica en estricta xustiza, pouco se pode dicir en contrario, porque viría a ser que o que menos pode non pague nada e o que máis pode pague a parte que lle corresponde, non cabendo aquí picaresca xa que os datos estarán informaticamente indicados por tramos de renda- de xeito que na farmacia se aplique o importe que corresponda.
Fálase de repercusión dun máximo de oito euros ao mes nos pensionistas de tipo medio, estando exentos os parados e os pereptores de pensións non contributivas. E non parecen importes moi elevados se os comparamos cos incrementos que se están a sufrir en productos de obrigada adquisición.
Pero manexamos un tema moi sensible, e dará ben que falar esta e calquera outra medida que neste campo se adopte. Son malos tempos para toda clase de lirismos, e parece que as duras non fixeron máis que comezar.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora