Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O neto do muiñeiro

martes, 24 de abril de 2012
Cuíña, destacado militante do Partido Popular, que foi Alcalde de Lalín, e logo Conselleiro, e baixou do pedestal do poder de forma abrupta, presentábase como “o fillo do muiñeiro” polo recoñecemento ostensible da súa orixe, pola súa vontade populista, e porque entroncaba directamente co pobo na súa executoria política e no seu trato persoal.

O seu fillo, ata agora militante do Partido Popular, neto do muiñeiro, ven de abandoar o Partido no que seu pai militou e arrimarse – por galeguista – aos galeguistas que á súa vez deixaron o paraugas protector do Bloque Nacionalista Galego para navegar en solitario dentro dun panorama político galego nos que os galeguistas organizados e os nacionalistas declarados aínda son minoría.

Galeguistas, entendendo como tales aos que anceian unha Galicia diferenciada, con vida propia por ter historia, tradición e características propias, hainos do Partido Popular, do Partido Socialista e naturalmente dentro dos nacionalistas, que o galeguismo é tanto unha postura política como unha “relixión” ou crenza. E con visión galeguista actúan políticos de todas as cores, facendo que a través desa ponte, sexa difícil de distinguir a moitos deles encaixándoos nunha determinada corrente que se exprese ou apareza como Partido político.

Neste entendemento, hai moitos políticos que pudieran parecer intercambiables, e que tanto poderían estar dentro dun partido como doutro que, se atendemos á vella clasificación de esquerdas e dereitas, e considerando como tales aos membros dos partidos maioritarios en Galicia na actualidade, os que están no Partido Popular e son máis “avanzados” ou tirando á esquerda non se diferencian moito dos máis “conservadores” ou tirando á dereita dentro do PSOE, e casos houbo de cambios de partido, mesmo dentro dos dirixentes, nos que influían máis as circunstancias peroais, familiares ou de concello e comarca que as cuestións puramente ideolóxicas que na esfera local non son claramente definitorias.

Que o neto do muiñeiro se vaia do PP pode non ter nada que ver con que considere que o seu pai foi maltratado polo Partido, e si coa necesidade de buscar outro marco de expresión máis acorde cunhas ideas máis galeguistas. Que seu pai nunca se recatou de proclamar o seu galeguismo. Pero independentemente da forza na que un se considere máis identificado, visto está que vivimos tempos de cambio, e Galicia precisa ter unha forza galeguista coa que identificarse, que non se resigne a desempeñar o papel de chave nunha oportunista ocasión de acadar poder.

O fillo do muiñeiro non fai máis ca exercer a súa liberdade de buscar acomodo na forza política coa que máis se identifique. O día en que a maioría dos galegos teñamos claro cal é o noso camiño e a nosa opción, seremos moito máis fortes e, polo tanto, moito máis libres.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES