Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Arxentina

lunes, 23 de abril de 2012
É difícil tomar posición nun tema tan lonxano no espazo como é a nacionalización da empresa Ipf por parte do goberno arxentino. Máis cando desde aquí o Goberno ten clara a súa posición opositora, e a oposición maioritaria tamén dentro dunha orde. Que hai parte da oposición que considera que está ben adoptada esta decisión tendo en conta a "postura colonialista" dunha empresa privada que busca un rendemento lóxico nun contexto internacional.

Unha empresa de capital español, das primeiras no seu sector, inviste decididamente na Arxentina ata o punto de controlar o mercado nacional, como ocorre con outras moitas empresas noutros moitos lugares. E o populismo imperante parece obrigar ao goberno arxentino a intervir, suponse que para desviar a atención dos seus administrados doutros problemas orientándoos cara a un suposto colonialismo, que mesmo a Izquierda Unida española detecta e critica.

O resultado é que a seguridade económica e xurídica do libre xogo empresarial vese afectado, e o Estado arxentino vaise quedar cunha empresa rendible non se sabe a que precio nin como vai ser aboado.coa conseguinte inseguridade para o resto dos investimentos españoles en Arxentina, os investimentos en Hispanoamérica en xeral, e as relacións económicas de Arxentina con España.

É difícil tomar posición nun tema coma este, aínda que sempre hai que abogar polo libre albedrío da oferta e a demanda, as relacións económicas, a liberdade de investimentos e a seguridade xurídica para a iniciativa privada. Todo o que interfira nestas relacións é artificial e acabará volvéndose contra o que emprende unha acción incomprensible desde o exterior, insostible xurídicamente, e só entendible desde unha acción populista que fala de agresións e colonialismo, e ve enemigos onde só hai empresas que buscan unha rendibilidade á que vez que crean riqueza e postos de traballo.

Arxentina sempre será un gran país. Ainda que, como en calquera outro lugar, ou calquera outro tempo, os seus dirixentes non estean a altura do tempo e das circunstancias.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania