Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tique Bus

lunes, 24 de enero de 2005
O pequeno comercio tense lanzado en toda Galicia a unha guerra aberta contra as grandes superficies, aínda sabendo que se a guerra non está perdida de antemán, ten moi dificil xa non a victoria senón mesmo a pervivencia.

As grandes superficies xogan co vento a favor: gran capital, ventas multimillonarias, pagos diferidos, amplísima oferta e instalacións complementarias diversas que os fan centro de atención para compra e para ocio de milleiros de persoas.

Frente a esta variedade de atractivos, o comercio tradicional só pode ofrecer, que non é pouco, calidade, atención persoal, bo servicio... e outros pequenos alicientes, entre os que está a oferta de aparcamento gratuito ó entregar ó comprador bonos para o pago dos estacionamentos soterrados utilizados para ir mercar.

En Vigo veñen de dar un paso máis coa instauración do "Tique Bus", co que se pretende que os clientes non teñan que sacar o automóbil do garaxe, e en lugar de entregar os bonos correspondentes ó estacionamento, os comercios entregarán bonos para o pago do autobús urbano, pensando en que resulte xeitoso desplazarse en transporte colectivo, e facelo de xeito gratuito.

Para min que o sistema non vai funcionar. Estamos tan afeitos a sacar o coche do garaxe para pequenos desprazamentos, que a maioría de nós non temos a menor idea do que costa un billete de Bus.

O coche é un elemento máis desa sensación extraña que proporciona ir mercar a unha grande superficie, que saca a relucir ancestrais sentimentos de protección e benestar diante do acopio de víveres para a unidade familiar. Todo un proceso no que tódolos nosos sentidos se poñen en actividade para disfrutar desa sensación de felicidade que produce un carro ateigado de cousas supostamente necesarias.

Ogallá os comerciantes vigueses teñan éxito na súa iniciativa. Porque sempre habería quen tomase exemplo e puñese en práctica o sistema noutras cidades.

Pero para que o comercio tradicional venza ó impersonal comercio da grande superficie fai falla algo máis que accións coma esta. Fai falla conciencia, unión, traballo e tempo. Así que xa veremos.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES