Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

25 anos do Ceip Monseivane

lunes, 23 de abril de 2012
Coñecin primeiro os alumn@s da Escola do Adro en Lanzós, que participaron dende os comezos no Certame Terra Chá do Festival de Pardiñas, nos 80. No 86, na 7ª edición, aínda asinaron os contos e poemas na escola primaria. Xa no 87, remitironos dende o Colexio de Moreda. Era o seu primeiro curso. Celébrano o 5.

Coma ensinante fun percibindo que na comunidade escolar tod@s podemos aprender, tamén os nen@s transmitennos horizontes novos: xestos, contidos, actitudes…, que arrequecen a vida de adultos.

Descubrín que ós de Lanzós acaialles a natureza, e sentin a súa paisaxe. Era unha escrita enchoupada de emoción polo máis feble do seu entorno, compartían os trazos diferenciadores da nosa comarca. Unha literatura tan plástica e visual, que me permiteu subir con eles ó Monseivane, escoitar a música dos seus ríos, saborear, por primeira vez, un gorentoso capón, perderme no castro de Adro, alí preto da súa escola. ¡Qué gozo cando souben que a ergueran os emigrantes!.

A Escola Habanera, que fica coma un faro que orienta nas brétemas que están a acosarnos: despoboación, recortes que pechan as escolas rurais… “El Progreso de Lanzós” en Cuba converteuna coa súa estructura harmoniosa e nobre, nun sinal do señorío desta veciñanza para os que penetramos polos seus camiños.

Festival a festival estaban a abrirme o corazón da Chaira, por iso feliciteinos cando bautizaron a nova agrupación, co nome do Monseivane, unha das olladas máis limpas e fieis do universo chairego, dende alí apreciamos a súa inmensidade, de Vilalba á Feira do Monte.

Entendin que tivesen tanta arte para dar a coñecer estes eidos, foi a luz primeira que bicou os seus corazóns, e cando se escribe con esa sinceridade, engaiolase ó lector. Na primavera seguen a agasallarnos cos gromos da súa creatividade, no Certame de Pardiñas e no Benxamín Paz do Insua Bermudez; son os latexos das nosas comunidades, por iso publicaron: “A nosa identidade”, onde recollen os oficios (2007), mergullaronse na Lagoa de Cospeito (2008) para afastarnos do lixo e daquelo que pode destruir a Terra, e afondaron nos sinais do noso xeito, da nosa ética e boa convivencia, escenificando a lenda das tres mozas da Charca do Alligal, encantándonos cos tesouros da sabedoría do pobo.
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES