Lectura
Fernández, Suso - viernes, 20 de abril de 2012
Dise que é tal a importancia que ten a lectura na formación intelectual e cívica da persoa que fíxolle decir a Nicolás de Avellaneda, xornalista e político arxentino do século XIX: cando escoito que un home ten o hábito da lectura, estou predisposto a pensar ben dél.
Dase por aceptado que a lectura é porta á cultura, pois pode decirse que sen aquéla difícilmente se accede a ésta; daí que as institucións con responsabilidades neste eido, se apliquen en artellar formas polas que achegar á cidadanía esa convicción e esa práctica.
Suponse que nese marco a concellería de Cultura de Foz organizara o Maratón de 24 horas de Lectura, que durante varios anos celebrouse polo Día do Libro; efeméride que, sen que se explicaran as causas, hai xa tempo foi suprimido. ¿Cansancio? ¿Falta de interese e, polo tanto, baixa participación de lectores? Non sabemos; retirouse, e punto.
Unha interesante forma de promoción, e disfrute dela, é tamén a través dos clubes de lectura, que na nosa bisbarra funcionan en varios pobos, Foz entre eles; acaso sexa ésta, en aspectos, mais efectiva que o maratón, ó engadir matices que enriquecen a didáctica da lectura: o clube aglutina a un grupo de persoas que len o mesmo libro. Xúntanse logo e, coa participación dun moderador, coméntano e debaten sobre o contido: argumento, estilo literario, acción, personaxes
que deriva a veces hacia outras apreciacións, porque quen le moitos libros e non pensa sobre eles, é unha estantería.
Duas son as ventaxes desta modalidade: tras a lectura persoal e íntima, compartir con outras persoas os análises e consideracións; son, pois, as ventaxes do traballo en equipo, ao que somos pouco dados. Na medida do posible os clubes procuran a presencia nas súas xuntanzas do autor do libro que leron previamente, o que engade especial interese: unha experiencia que aumenta o atractivo.
Alguen dixo que analfabeto non é o que non sabe ler, senon o que sabendo, non le. O vindeiro luns é o Día do Libro. Unha forma axeitada de celebralo podería ser lendo estes días un a maiores.

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora