"La corte de los Milagros"
Cardalda, Theo - jueves, 19 de abril de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO
LA CORTE DE LOS MILAGROS
Nesta pasada semana de abril do día 14, aniversario da República, estamos a aturar decisións por parte do Goberno que poñen os pelos de punta: os soldo millonarios dunha casta que
estanos a exprimir; os escándalos da corrupción; o nepotismo que practican con todo a cara; o saqueo de empresas públicas e caixas de aforros; proxectos de leis por parte do Ministerio do
Interior para coartar as liberdades como se fora os negros anos dos estados de excepción; privatización da sanidade como Capio Sanidade xestionada por amigos e familiares dos altos
cargos políticos . Ou sexa, unha clase política onde o desprezo á cidadanía xa non ten límites.
Mentres a avaricia empresarial con esta Reforma Laboral, fainos lembrar os anos máis duros do franquismo: empresarios que se permiten rebaixar os soldos, e votar a patadas a rúa a
obreiros como se foran esterco .
Ante todo isto, toda esta casta (goberno, empresarios, banqueiros e prelados da Santa Madre Igrexa) nada lles importa que decenas de milleiros de persoas sexan esquilmadas en
tódalas versións da vida, ameazando co medo aos cidadáns. Din que é democracia pero non a é, asemella a un sinistro edulcorante.
Logo chéganos a nova do accidente de caza en Boswana de Juan Carlos de Borbón matando elefantes. Xa está ben de tanto mangoneo, de tanto escarnio, mentres o país vai a pique o Xefe
do Estado vai de safaris millonarios. Se ollara a bosta fedenta na que se está convertendo este país, o despiollo, sufrimento social e a incompetencia dos responsables da desfeita, tiña que irse a tomar os baños na Costa Azul e non volver máis.
Falaba noutras opinións dos esperpentos de D. Ramón del Valle-Inclán, pero este supera aquela narrativa do mesmo autor
de La Corte de los Milagros . Xa está ben.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora