Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sor, en Sobrado

jueves, 19 de abril de 2012
Sor, en Sobrado A miña amiga estaba diante dun minuto
E os minutos detrás das pedras do Mosteiro.

A tarde de Sobrado dos Monxes era global, pero máis galega ca nunca. A luz de Sor, en Sobrado, deu humanidade e refulxencias verdadeiramente cristiás (segundo o relato bíblico) ás apreixóns e as avaricias insaciables -por comparación-.

Románico, e senlleiro barroco galego nunha sóa peza
No Claustro Procesional dos Medallóns, Sor, quedou impresionada. Eu, conturbado pola lisura de Sor que me conmovía.

Non me asombrou a magnificencia construída ordenada polo Conde de Présares, nin o xenio de Pedro Munteagudo, reflectido na fachada; sí, que me pasmou, sen embargo, o que presumo que foi -que é- labor e mestría de canteiros galegos.

Pero nin o Mosteiro, nin a Cova da Serpe, nin a Fraga dos Frades nin o Camiño de Santiago, nin a Lagoa do Tambre poideron conmigo. Só puido, Sor e a súa historia.

Historia de renuncias de todo, para dalo todo ás nenacións desherdades, aos máis necesitados do mundo suramericano.
Sor Serenidade -así a cito eu- diante de séculos de pedra, sinxela e clara. Concreta e plena.

Existe amor á liberación. Existe: está en Sor e Sor, en Sobrado, conxugada.

Agora, probablemente, conxugue nun país onde a nenación espera o amparo do seu berce, cun cantar que durma aos medos e unha miga de pan que durma a fame.
As misas son o que son e o que representan.
A miña amiga, Sor, de Sobrado, é colosal. Auténtica vitalidade entregada.

Ogallá permaneza así, coa súa rexa fe e a esperanza de que o mundo-universo pode xirar de xeito distinto.
A miña amiga, Sor, de Sobrado, antes que rezar abriga, protexe, alimenta, ama e enseña a amar.
Un portento de persoa e de muller. A sublimación do ser, en Sobrado.

Congregacións

...todas en ti: Colimas labaradas,
menceres de mañás, sol de mornura,
abrir de maio, choiva de lentura,
pleno luar, malar de madrugadas.

En que lugar estás, en que planeta?
En que cósmico mundo recreado?
En que amante amor o ser amado?
En que azul e branco a túa cometa?

Ti es día que nace, lúa en vela,
a aura pura do cumial da serra,
resío de vigor á murcha herba.

Río que agrandas, valor sen creba.
Berce que arrola prantos de miserias,
amor enraizado na promesa.
Descubrín a túa paz, en harmonía,
na luz que irradia a túa mirada.
A forza superior desa chamada
e o segredo, feliz, da louzanía.

..................................................
..................................................

Na pedra horizontal o lume arde.
Áscuas acendidas por un sopro.
Primavera lumieira nun cachopo
do inverno outonal que chegou tarde.
Gzlez.Vigo, Marcial
Gzlez.Vigo, Marcial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES