Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Volta de tuerca

jueves, 19 de abril de 2012
Parece que, por fin, un goberno ousa afrontar con decisión o control do diñeiro negro, tentando que desaparezan as caixas “B”, E se en principio pareceu que as medidas iban pasar suavemente por encima do problema, agora ata os inspectores de Facenda consideran que é un bo sistema para sanear o funcionamento da economía do país.

Chama poderosamente a atención o feito de que os delitos económicos non prescriban nunca porque ao tratarse de ocultación de caudais, o feito de non formular a correspondente declaración en calquera momento posterior, prolonga esa infracción que se entenderá cometida no mesmo momento en que se descubra.

Era momento de que se tomara algunha decisión ao respecto porque todos somos conscientes de que se todas as operacións económicas entre particulares ou empresas se fixesen de xeito público, cotizando á Facenda os importes correspondentes, solucionaríase un importante problema económico pero sobre todo de tipo social, levando o convencemento de que non se debe nin se pode defraudar á xeneralidade dos cidadáns.

É unha xeitosa volta de tuerca para ir eliminando a economía sumerxida, un reforzo do papel da inspección de Facenda, e un avance decisivo na mentalización da cidadanía de que hai que poñerse a ben coa administración en canto a impostos se refire, sexa de xeito voluntario sexa forzosamente en canto a inspección descubra algún cabo solto.

A situación esixe incrementar ingresos e exemplarizar comportamentos. Pode ser agora bo momento para que o tema se tome en serio e sexa bo para todos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES