Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ecumenismo: ¡Empezar pola casa!

lunes, 24 de enero de 2005
Se queremos aportar algo serio e positivo á unidade das igrexas cristiás temos que empezar por varrer e limpar a propia casa (conversión persoal e comunitaria) para facer transparente a fe e dar credibilidade ó noso ser de cristiáns/ás. Hai que recordar, como base da reflexión, que "o único fundamento da Igrexa é Cristo".

Nesa liña chéganos a chamada de Paulo que ten de ser escoitada e acollida pola Igrexa católica do noso País, necesitada dunha fonda revisión sobre a vivencia e a coherencia da súa fe. Deus interpélanos: "Polo nome do noso Señor Xesucristo rógovos que vos poñades de acordo e que non andedes divididos; permanecede unidos no pensar e sentir, nun mesmo Espírito!". Que falla nos fai a todos/as!: á xerarquía (bispos/dirixentes), afastada das bases e demasiado enleada en liortas, (non sempre evanxélicas) e ás comunidades (cregos/laicos/as), adormecidas por unha relixión de prácticas/ritos, (sen senso e contido), sen voz na súa propia igrexa e con falla dun serio compromiso coa vida. Que contrasentido eclesial!

Xesús presentíao. Por iso pedíalle o Pai: "que todos sexan un, Pai, coma Ti e mais Eu o somos". Os primeiros cristiáns destacaban pola súa unión e comuñón. Pola fraternidade! Había divisións. Lóxicas, nunha comunidade que chocaba coa sociedade xudeu/pagá cando xurdeu o Cristianismo. E seguimos! Por iso, este ano, debemos ir á procura de máis autenticidade entre nós, de endereitar o que temos torto, de purificar erros e de facilitar medios para acadar a unidade.

A situación actual (estado laico, liberdade relixiosa non consolidada e pluralismo relixioso non asumido), require esforzos para aceptar diferencias. Non estamos afeitos a convivir con outras relixións. Vimos dun inmobilismo asfixiante. Sen embargo, a convivencia con outras relixións e pobos é unha gran axuda contra a tentación de absolutizar as nosas crenzas e a pretensión de monopolizar a verdade. O mellor antídoto contra o fanatismo! Temos que coñecernos mellor para superar vellos reparos e unir forzas para a paz, a xustiza e a solidariedade. Hai que fomentar actitudes de tolerancia, comprensión e respecto mútuo. A Igrexa católica debe ser sempre "berce de encontro, diálogo e entendemento"

O soño dunha Humanidade unida e en paz é o reto da Igrexa. Foi un mandato do Señor: "Ide polo mundo...anunciade o Evanxeo e curade as doenzas do pobo". Isaías xa o tiña anunciado: "dar nova luz e esperanza ó mundo". Tarefa primordial para os crentes. Necesaria/compartida por/para todo ser humano.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES