Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Levantouse a veda

miércoles, 18 de abril de 2012
Parece como se á Familia Real se lle acabase o crédito obtido polo comportamento do monarca na xornada decisiva do 23F, e a institución e as persoas que a encarnan estiveran no ollo dun furacán e no punto de mira dos medios informativos, dos analistas sociais e de todos os cidadáns.

Recibida no ano 75 como elemento moderador capaz de posibilitar unha travesía cara un bo porto no proceloso mar do post franquismo, en 1981 o Rei gañouse de xeito persoal a coroa, conseguindo que houbese máis xoancarlistas que monárquicos.

Pero o tempo vai cambiando a sociedade, millóns de mozos actuais non viviron aqueles difíciles tempos, a monarquía deparounos tres décadas e media de relativa serenidade, e co declive físico do protagonista principal e das persoas que valoran o seu papel na transición, apareceu un cuestionamento ou oposición que se recrudece a cada acontecemento non previsto nin desexado que afecte á Familia Real.

Foise soslaiando o matrimonio morganático do herdeiro e o divorcio da filla maior, pero os problemas coa Xustiza do marido da filla máis nova ocasionaron un pequeño tsunami social que tivo como réplicas recentes a ferida de escopeta do neto maior ou o accidente do Rei nunha cacería en África dunha especie en perigo de extinción, precisamente agora coa que está caendo sobre todos nós.

En todos os medios viña existindo como unha veda en canto á caza informativa relacionada coa familia Real, que parece ter desaparecido. E cando unha veda se pecha é moi difícil que volva establecerse. Nada será igual a partir de agora na que a crise existente, como mínimo igual de social ca económica, está facendo desaparecer seguridades, conviccións, barreiras e límites. As vedas informativas non están ben, aínda que sexan autoimpostas. Pero tampouco é lóxico que desaparecida a veda se proceda ao acoso e derribo dunha especie ata agora protexida, e – se ollamos no mundo que nos rodea – en perigo de extinción.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES