Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Conde Roa

martes, 17 de abril de 2012
A Conde Roa a Semana de Paixón chegoulle con retraso, e na práctiva veu ser a seguinte da Semana Santa, onde cristalizou a explosión dun escándalo no que a primeira autoridade de Santiago de Compostela resulta perseguido por Facenda por débedas ás que no seu momento non fixo fronte.

Ao ser as débedas correspondentes ao Imposto do Valor Engadido, Ive, do que quen confecciona unha factura se convirte en axente fiscal, e que ao ter que haber sido percibido non aboalo en Facenda constitúe unha grave infracción que non ten máis solución que aboar as cantidades pendentes máis o correspondente incremento polo concepto de intereses e pola conseguinte multa.

Calquera particular que se vexa nesa situación sufrirá a coerción do correspondente Ministerio para a liquidación da débeda, pero ao tratarse dun cargo público tan importante como ser o Alcalde da capital de Galicia, esa coerción leva como pena engadida a de difusión pública a través dos medios e a conseguinte revulsión entre os grupos políticos.

Foi un breve pero auténtico calvario o que o primeiro mandatario da cidade de Santiago tivo que sufrir, porque a política non sabe de humanidades e calquera fenda que se abra no caparazón moral que cada persoa posúe, é aproveitada para nela botarlle unha carga de profundidade que alcanzará de seguida a vía de flotación.

A raiz do gravísimo problema ten abandoado xa a alcaldía de Compostela expiando pasados erros ou carencia. Se todo o ddivulgado se confirma, o caso debería servir de aviso para navegantes no sentido de que cando alguén se meta en política debe comprobar e demostrar que non ten “cadáveres no armario” nin ningún tipo de desaxuste que poida causar graves problemas á persóa, á institución que representa e ao grupo político ao que pertence.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES