Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Alta Velocidade

viernes, 21 de enero de 2005
Coñecendo os nosos trenes, o da alta velocidade -que existe, porque o teño comprobado fóra de Galicia- quédanos aínda bastante lonxe no espacio e no tempo.

As velocidades que alcanza o ferrocarril galego están máis perto das daqueles vagóns dos cincuenta nos que a carbonilla entraba polo máis mínimo resquicio, que dos que corresponden non xa a estes comezos do século XXI senón ó último cuarto do século XX, no que o Ave (poñamos que falo do 92) achegou Madrid a Andalucía e viceversa por mor da Expo do aniversario do Descubrimento.

E se o tren esmoreceu, con el as infraestructuras destinadas a acoller ós viaxeiros. Centos de apeadeiros e estacións clausuradas, estacións capitalinas obsoletas, e mesmo as zonas inmediatas ás estacións pedindo urxente revitalización.

Non é extraño que diante desta situación, e dubidando de que promesas e plans se cumpran, veñan de xuntarse os alcaldes de Ourense, Vigo, Ferrol e Pontevedra para facer frente común diante do Goberno da nación, e esixir seriedade nos plantexamentos e no cumprimento das previsións.

Sería un frente popular se nel non estivese o alcalde de Pontevedra, que pertence a outro frente. Pero todos fan causa común porque as infraestructuras como problema rebasan os criterios políticos e os problemas dos cidadáns deben se-los primeiros a defender por un alcalde.

Falta nese frente, como é obvio, un componente esencial: os alcaldes socialistas de A Coruña, Lugo e Santiago, que se teñen ansia polas infraestructuras das súas cidades tamén teñen que manter o tipo diante dos seus correlixionarios que deciden sobre o tema. Téñeno dificil, pero máis difícil o teñen os que ningunha relación gardan cos que deciden.

A alta velocidade, polo que se ve, chegará lenta. Co excepticismo propio deste país lonxano, teremos que conformarnos coa afirmación fatalista de que "o caso é que chegue".
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES