Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Chove

lunes, 16 de abril de 2012
No afán dos gobernos en controlar todo pode radicar a intención popular de culpar aos mandatarios de todo o que sobreveña sobre os administrados, e aí está a frase “Chove, ¡porco goberno!”, herdada dos italianos para simbolizar esa culpabilización, mesmo das eventualidades atmosféricas.

Se así fose, se ao goberno houbese que atribuirse algunha virtude no eido da climatoloxía, habería que felicitar a todos os gobernos que nos corresponden – locais, provinciais, autonómico e nacional- porque chove, e chove en cantidades apreciables que veñen solucionar moitas carencias de tipo ambiental e infraestructural.

Se atendemos a escala nacional, podería ser o efecto beneficioso dos primeiros meses de goberno do Partido Popular ao que a oposición non está disposta a concederlles “nin auga”. Se a escala autonómica, reacción pura e inmediata aos incendios que asolaron Galicia e aos galegos tendo nas Fragas do Eume o exemplo máis sobranceiro. Non está demostrado que sobre a climatoloxía teñan competencias os gobernos provinciais e locais, aínda que teñan que soportar os seus ás veces maléficos efectos.

Pero agora chove, e todos contentos, que as augas flúen de novo, sube o nivel dos embalses, purifícanse os aires, e temos a seguridade de que Galicia volve ao seu, a ser húmeda para ser verde, aínda que levemos andado o inverno máis seco dos últimos tempos.

En Abril, quere o refrán que as augas sexan abundantes. Pois este abril non deixa quedar mal ao refraneiro e nun tempo no que coidabamos estar abandoados pola deus da choiva resulta que este regresa dunha viaxe a algures, e apousa de novo sobre a nosa xeografía.

Chove e, parodiando a Celso Emilio aínda que en sentido contrario, nos nosos corazóns xa non chove. Polo menos, o ceo non se nos presenta tan lonxano como nestes últimos tempos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES