Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

De Cascos a Magdalena

jueves, 20 de enero de 2005
Francisco Álvarez Cascos foi Ministro de Fomento. Magdalena é Ministra de Fomento. O que acordou Álvarez Cascos, no exercicio do seu fomento ministerial, parece lóxico que vincule a Magdalena porque hai entreles un fío conductor que se traduce en ser membro do equipo de goberno deste Estado.

Pois Francisco Álvarez Cascos, cando foi ministro español, subscribíu coa Xunta de Galicia aló polo 2002 un acordo polo que o seu ministerio se comprometía a colaborar no financiamento da vía rápida entre Ferrol e Vilalba, vital para dar saída hacia o mar á comarca da Terra Chá
vencellándoa, a través da zona industrial de As Pontes, con Ferrol e o seu porto.

Cascos xa non é Ministro. Pero cabe supoñer que o acordo se asinou con tinta indeleble, que habería que velo. Porque, sexa como fose, a ministra Magdalena seica non quere ter nada que ver con ese compromiso, e non pagará o prometido na parte desa vía rápida correspondente á provincia de Lugo; esto é: o tramo de Cabreiros a Vilalba.

A razón que se esgrimiu para este incrumprimento é a da limitación presupostaria. Pero ningunha razón pode haber para incumprir un acordo ministerial, que vincula ás partes asinantes independentemente de quen asine xa que ahí o importante é a institución e non a persoa que accidentalmente ou incidentalmente a represente.

Para o común dos mortais, de Cascos a Magdalena hai solución de continuidade, hai vencello e compromiso. Pero Magdalena, dentro do espíritu colaborador e constructivo que a caracteriza, non quere saber nada sobre esta estrada (de m...?).

Cascos, polo seu talante, xeralmente caía antipático. Magdalena, hoxe sí e mañán tamén, por acción ou por omisión, está empeñada en que os galegos a teñamos presente nas nosas oracións laicas. E teno conseguido.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES