Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

1.598 millóns

viernes, 13 de abril de 2012
Estamos tan afeitos a falar de miles de millóns de euros, que calquera cifra que non chegue aos dez díxitos nos parece unha miseria.

Tanto se se refiren a datos de España como de calquera outro país da Unión con problemas económicos fálase de centos de miles de millóns como se fose unha cifra do máis cotián cando nin as calculadoras manuais poden rexistrar tantas cifras seguidas.

E agora dinnos que os Presupostos xerais do Estado prevén para Galicia a cantidade de 1.598.400.000 € para investimentos e pode parecernos cifra pequena se nos atemos a esas outras que enchen a boca dos políticos e producen incertidumbre nos mercados, fan baixar as bolsas e estremecerse as “primas” de risco.

A cifra xa indicada é a que o Ministerio de Fomento vai investir nas infraestructuras galegas, ata final do presente ano, debendo apresurarse na súa execución xa que estamos preto de mediados do mes de abril.

A cantidade mencionada supón un aumento do dezasete por cento respecto ao presupostado no anterior exercizo, aínda que inferior aos anos anteriores, prestándose non obstante a todo tipo de especulación por parte dos partidos da oposición sobre se todo o que se inclúe son ou non investimentos, pero o que verdadeiramente interesa en Galicia é que se manteña o ritmo de apoio ás infraestructuras para que alomenos se nos poña en igualdade de condicións que outros territorios do Estado máis desenvolvidos por mellor comunicados.

Moitas veces os políticos mencionan unha e outra vez datos e cifras de obras e investimentos, facéndonos perder a referencia e ignorando – ou dándonos igual – que tres ou catro veces nos vendan o mesmo fume. Se agora falamos de compromiso económico para o presente ano, oito meses na práctica, invístase axeitadamente e todos contentos.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES