Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ir de bancos

jueves, 12 de abril de 2012
Calquera pequeño empresario, mediano ou individual, sabe o quer significa “ir de bancos” unha xornada normal... Significa ir aboando un efecto ao seu vencemento, levando unha pequena remesa para o seu abono, interesarse por determinado saldo, algún cargo descoñecido, e se acaso lograr unha certa tolerancia nun saldo negativo que acaba de producirse.

Todos os que “imos de bancos” sabemos as dificultades do día a día, o ten con ten para lograr a continuidade nunha situación difícil, o non rachar a baralla cando parece que todo se pon en contra. Pero non todos os empresarios, pequenos, medianos ou especiais, se atopan na situación en que neste momento está o empresario Dorribo implicado nunha operación xudicial que non debe facer esquecer o especial tratamento que recibía por parte de entidades bancarias normalmente esquivas cos empresarios con dificultades.

Velaquí que hai como un regusto empresarial de satisfacción saber que este empresario lucense deixou “colgados” con cantidades para a maioría inalcanzables, astronómicas, a entidades que regatean centos de euros ao público habitual nas súas oficinas. E causa asombro ver que Dorribo “goleou” ao banco Pastor 7.100.000 €, 5.200.000 a Caixa Galicia, 2.600.000 € a Bankia, e 1.600.000€ a Santander. E hai moitos que consideran que hai unha especie de xustiza moderna e social a través desta gran débeda castigadora destas entidades para falsamente redimir aos milleiros de damnificados que non conseguiron a máis mínima indulxencia para necesidades moito menos elevadas que non puideron atender.

E asombra saber que este gran debedor de importantes Bancos mercou un Rolls por 346.000€, un Porche por 161.000, un Masserati por 136.000, un Aston Martín por 104.000, un Ford por 156.000, un Bentley por 185.000 ou un Ferrari por 265.000, dubidando se cando os bancos piden garantías para responder por un crédito mínimo se refiren a ostensibles bens rodantes, que normalmente non están ao alcance do común dos mortais.

“Ir de bancos” para Dorribo non era o mesmo que para calquera do resto dos empresarios lucenses. Polo que se ve era bastante máis doado. Pero posiblemente os bancos non teñan o máis mínimo problema por estas débedas multimillonarias, que acabarán sendo repercutidas – se non o foron xa- en todos os que adoitamos “ir de bancos” con toda a humildade que nos da a nosa humilde e problemática situación. Non hai como deber millóns para ser millonario, e polo tanto inmune a determinados problemas.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania