Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cartas de Amor

miércoles, 19 de enero de 2005
Hai anos, o de escribir cartas era a mellor -por non dicir a única- forma de comunicarse entre persoas ou institucións, xa que outro tipo de comunicacións ou eran dificultosas ou non estaban inventadas. E as cartas de amor eran un subxénero dentro desta literatura no que os namorados expresaban con maior ou menor acerto o seu sentir, deixando no papel proba
indubitable das súas intencións e afectos.

Para facilitar esta comunicación existían todo tipo de manuais. E había formularios de cartas para declararse, para felicitar, para reiterar afectos, para tentar recuperar o amor perdido... Se o namorado ou namorada non tiña moitas virtudes expresivas, non había máis que recoller do correspondente libro o formulario máis axeitado, cubrir os datos da persoa amada, e remitilo polo medio máis axeitado: un propio, ou o servicio de Correos, que aínda era de titularidade estatal.

A popularización do servicio telefónico (xa non digamos os móbiles), o descubrimento do e-mail, a facilidade de comunicación viaria e a natural desgana que nos invade, fixo diminuir radicalmente as comunicacións por carta, ata o extremo de que nalgúns lugares se convocan concursos de cartas de amor para premiar os mellores traballos deste xénero agora en desuso.

Foz e O Valadouro, no norte galego, desde o concello e a Oficina de Información Xuvenil, respectivamente, teñen en marcha cadanseu certame para premiar as mellores cartas de amor. Pero moito me temo que non sexa máis que una anécdota -xeitosa, eso sí- dentro das novas relacións amorosas que parecen non ter o repouso preciso para unha relación epistolar.

En relación co tema, aínda que sexa de xeito moi lateral, é unha boa noticia de que por fin a Igrexa Católica acepte o uso do preservativo como elemento na loita contra as enfermidades de transmisión sexual, decisión que se viña agardando desde hai moito tempo.

A decisión permite tranquilidade de conciencia ós crentes que escriban cartas de amor do xeito máis directo, xa que ata agora tiñan dificultado pola xerarquía eclesiástica este xeito seguro de comunicarse.

Tense dito que desde o máis alto se escribe dereito con renglóns tortos. Pois é gratificante saber que un dos máis importantes renglóns tortos deste xénero epistolar ven de endereitarse, o que -aínda que a un o colla tarde- é moito de agradecer.
X.X.
X.X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES