Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Quedar como estamos

miércoles, 11 de abril de 2012
En tempos de crise é mellor non facer mudanza se facemos caso do refrán. O cal quere poder dicir que, no momento actual, deberíamos poder quedanos na situación na que estamos, por difícil que resulta, que a que ven pode resultar peor-

Galicia tiña ata agora axudas da Unión Europea en base á súa situación económica, considerada non xá en termos absolutos senón en relación coa media da Comunidade. Pero Eurostat, oficina de estatística comunitaria, fixo público recentemente que entre os anos 2007 e o 2009, Galicia situouse no 91% da media da Unión, co que os fondos que percibía correspondentes aos obxectivos de converxencia como rexión de transición, non teñen razón de continuar tendo en conta que esa converxencia xa tería sido conseguida.

Se temos en conta que o actual período presupostario remata en 2013, Galicia teno moi difícil para o seguinte período –2014 a 2020- xa que os fondos da Unión van destinados ás rexións que teñen unha renda entre o 75% e o 90% da media da Unión.

Reteñen, polo de agora, eses fondos Andalucía (79,90%) e Castilla-La Mancha (83%), que permanecen dentro dos límites establecidos pero Galicia.

Parece que o tema aínda pode ser reconsiderado, sobre todo se temos en conta que a evolución da economía nestes últimos tempos dista moito de ser favorable e os datos de 2010 en diante poden facer variar esta situación. Planteándose ademáis a posibilidade de que alomenos se estableza unha situación intermedia na que os fondos diminúan pero non desaparezan nos próximos anos.

Os fondos europeos son importantísimos para Galicia, e neles fiamos boa parte do noso futuro inmediato. Teñamos confianza en que aínda é posible “empeorar” para mellorar, especialmente se temos en conta que non é somente que teñamos mellorado grandemente como país senón que o promedio europeo tamén varía á baixa polas especiais circunstancias de moitos dos outros paises membros.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES