Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O pregón da Ponte

lunes, 09 de abril de 2012
Teño feito unhas cantas ducias de pregóns, para min e para outros, e coido atisbar en que consiste o papel de pregoeiro e en que debe consistir un pregón que resulte efectivo.

Moitos pregoeiros entretéñense na análise do papel de pregoar, no sentido actual ou histórico dos pregóns, na necesidade de facer historia e chegar ao momento actual para que quede claro o seu cometido e o exercizo de tan importante papel en calquera acontemento.

Pero un recente Pregón abriume os ollos, a estas alturas da miña vida pública, do que debe ser un pregón e o pregoeiro. Eran as primeiras festas da comarca de Lugo, que sempre coinciden nas visperas da Semana Santa, e se celebran na honra do San Lázaro no barrio da Ponte onde un vello lazareto que atendía aos heroicos peregrinos deixou marcada na historia un lugar e a súa función.

O pregoeiro foi Chema Núñez Losada, Chema de Radio Popular, do que non fun compañeiro – e ben que o sinto – por pura razón cronolóxica. Fun compañeiro de súa nai, Conchita, e por eso coñezo a Chema desde antes de que tivera uso de razón.

O seu pregón ten que figurar na antoloxía dos pregóns –festeiros e dos outros- porque fala da súa vida na Ponte, da súa historia, da xente que coñeceu, dos rapaces cos que xogou, das trasnadas da mocidade, dos maiores que sabían portarse como nenos cos nenos, dos nenos que sabían ser maiores antes de tempo... No seu pregón asoma a ponte de hai trinta, vinte ou quince anos, e estou seguro que no decurso do seu parlamento a máis de un e máis de dez se lle encheron os ollos de bagoas ao lembrar a xentes que xa non está, ou xente – cousas dos anos- que xa non é a mesma.

Cando alguén me pregunte como se fai un pregón, vou ter que dicir que vai ser mellor que lle pregunten a Chema, que fixo no seu barrio o mellor pregón que na Ponte se escoitou. E se non queren preguntarlle, que se limiten a escribir co corazón o que a súa cabeza lles dicte. Porque, visto está, para saber facer un bo pregón, hai que saber escribir, hai que ter moito que dicir, e hai que ter moito xeito para dicilo. Coma Chema.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania