Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Secretos de sumario

lunes, 09 de abril de 2012
Anda o Ministro de Xustiza preocupado polos secretos de sumario, como moito antes temos andado todos sabendo o pouco secreto que se garda do que se pretende sexa descoñecido para poder mellor averiguar a verdade dun suceso.

Un xuiz decreta o secreto de sumario co fin de poder efectuar directa e secretamente todas as averiguacións precisas para un caso, e así permanece mes tras mes mentras se efectúan toda unha serie de filtracións interesadas, procedan da fonte que sexa.

Importantes procesos suxeitos ao secreto sumarial aparecen día sí e dia tamén nas primeiras páxinas dos xornais e nos titulares dos medios informativos audiovisuais, con aspectos imposibles de contrastar, que deberan permanecer silenciados ata o momento en que, aberto o sumario, as partes poidan coñecer o contido e poida o público en xeral beneficiarse da información resultante.

O Ministro de Xustiza, polo de agora novo no seu cargo, pretende que un secreto de sumario non poida permanecer nesta situación máis dun mes, para as averiguacións propias do caso, e pase logo a ser de dominio público para o tratamento xudicial e informativo que proceda.

Parécenos ben, como nos parece ben que se estudie e se procure sancionar toda conducta impropia, e toda filtración dun secreto que deixa de selo no momento en que alguén que o coñece propicia a súa divulgación. E se o propósito vai dirixido ao funcionariado xudicial, as partes tamén terán que ver na cuestión, e todo aquel que se convirta en fonte informativa sen ter dereito a selo, especialmente cando se rompe un secreto que debe permanecer vixente porque así o demanda o tema e a vontade xudicial, e se procura satisfacer intereses máis espúreos que a propia vontade de procurar información veraz a todo o público.

Se un tema ten que permanecer en secreto por ben da Xustiza, debe permanecer en secreto mal que lle pese a algún implicado. Secreto que debe selo o menor tempo posible, e garantindo o seu respecto. O Ministro atopará para os seus propósitos o mellor caldo de cultivo, que estamos moi fartos de tanta manipulación e tanta lingua larga á hora de divulgar temas que deben permanecer ocultos ata que sexa o momento adecuado.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania