Medo detrás das bágoas
Rivas Delgado, Antonio - lunes, 09 de abril de 2012
Chora o neno co medo reflectido nos seu rostro, na súa faciana e a miña memoria corre de présa cara á infancia para ver láminas, reflexos da miña vida.
Tamén eu tiña medo detrás das bágoas, porque a nai era de armas tomar. Detrás dunha labazada chegaba un lapote e detrás deste axiña caía calquera outro golpe e con calquera utensilio; dende a propia man dela ata unha simple acha de meter ao lume ou o propio rabo da escoba.
Non se andaba con melindres.
Estampas, imaxes que asoman na memoria tras o medo dunhas bágoas.
Compadézome do neno porque sei o que é ter medo. Hoxe, co paso do tempo, ata penso que foron ben dadas. As labazadas, claro. Pero
Pero había medo detrás das bágoas.
Rivas Delgado, Antonio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora