A festa vai boa
Cardalda, Theo - viernes, 06 de abril de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO
Despois da inxusta reforma laboral, o goberno arremete cuns presupostos de escándalo con recortes no social que da medo.
Agora os grandes defraudadores ao fisco xa teñan a lei
para pasar impunes co sorriso nos beizos ante a opinión pública coa amnistía que sacaron da manga. Esta medida é inmoral xa que están a premiar o delito no cumprimento da lei.
Logo temos o decreto que sacou Montoro para financiar o pago ás empresas provedoras dos Concellos. Un préstamo envelenado, cousa que vai ser a través dos bancos. Isto vaille a supoñer ao Concellos un costo de interese do 5 por cento, o máis gracioso que ese diñeiro de todos foi prestado aos bancos ao 1 por cento, negocio redondo para a banca.
Ou sexa, o PP decidiuse a volver a rescatar á banca e sanear as súas contas en vez de rescatar aos Concellos cunha banca pública que recibira o diñeiro ao 1 por cento e o prestara ao mesmo
interese.
Este decreto de axuste municipal ten outra faceta envelenada, o goberno faille chantaxe aos municipios ante a situación de débeda que teñen, desta maneira os Concellos teñen que reducir servizos aplicando o copago ou a privatización.
A ver si dunha vez por todas entendemos que o problema de España non é a débeda pública, das máis baixas de Europa, senón a débeda privada derivada da burbulla inmobiliaria, o desastroso sistema financeiro bancario que leva arrastro ao público, a falta de
ingresos pola economía surmerxida, o fraude fiscal e un modelo de recadación na que pagamos soamente os que temos nómina.
Son cen días de goberno que nos trae miseria, rabexa e indignación, onde a súa bandeira é a mentira, a súa alma a corrupción e o seu fin levarnos ao escuro pasado daquela longa noite de pedra . Ímola andando que a festa vai boa.

Cardalda, Theo
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora