Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Velaí o voso Salvador!

martes, 18 de enero de 2005
Como nos gustaría sentir que a frase é real, verdadeira. Estamos afeitos a tantas palabras baleiras (mentiras, troulas, etc...) que nos custa crer/confiar en alguén. Desde diversas partes (Igrexa, política, medios de comunicación...) dinnos que abondan os salvadores, que xa están aquí os nosos redentores para liberarnos das escravitudes. Sen embargo, notamos que en vez de salvación e liberación abonda a escravitude, a opresión, os medos, a incredulidade. Que está a pasar!?

Félix Felipe aclara: "A cultura moderna creou un modo de ser e de pensar que mira case exclusivamente ó rendemento, á productividade, ó útil. Sen embargo, a persoa humana, ademais do benestar material digno, necesita de algo que non é froito da técnica, nin se merca nos supermercados, nin nas rebaixas... e que se debe recibir como gracia, como don, como froito da gratuidade do amor que fai novas todas as cousas" . Aquí está o miolo e a solución do problema.

Xoán Bautista lembra o anuncio que Deus fai ó seu pobo ó se achegar Xesús a se bautizar: "Velaí o Año de Deus, que arrinca o pecado do mundo!". O Salvador que espera Israel!. O Deus distante, faise próximo, rompe as distancias ceo/terra, faise un de nós e mergúllanos a todos (homes/mulleres) no seu proxecto sobre a Humanidade, brindando a salvación universal. Israel representa a Humanidade.

Ámbalas dúas realidades camiñan inseparables. A inxusta situación do mundo e a feliz realidade da presencia do Cristo con/entre nós, están a chamarnos a unha reacción urxente dun cambio de mentalidade e de actitudes. A nosa resposta ten de ser nas obras, axudando a harmonizar e humanizar este mundo, moitas veces á deriva e en mans de depredadores. Deus, en Cristo, non só se fiou de nós e nos regalou o mesmo espírito de Xesús, senón que nos deixou a forza e medios para continuar a súa obra transformadora da realidade. A palabra, que debería vir envolta en vida, chega emporcada e segue a se corromper... e a se devalar.

A nosa confianza (e seguridade) vennos de que Deus se manifesta na vida e no testemuño das persoas (de todas as razas, países e relixións) que viven ó xeito de Xesús. Son os salvados reconvertidos en salvadores. Un labor dos humanos (cristiáns, musulmáns, xudíos, budistas...). Ás preguntas dos irmáns sufrintes ("onde estás, Deus, Cristo, Alá, Mahoma, Buda...?, onde vos metestes?"), somos nós, os humanos, quen temos que dicir, nas obras: ("Aquí estamos, xa que somos os que aquí e agora temos a capacidade (bens, mans, pés...) para axudarvos").

Ese debe ser o testemuño dos bautizados/as. E de todas as persoas do Mundo.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES