Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

¡Non pasaron!

martes, 03 de abril de 2012
DESDE O PREGUNTOIRO

Como sempre, algúns políticos cando hai eleccións ábreselle a boca dicindo que sempre gañan.

Non sei se son masoquistas ou nos toman por paspáns, isto ven a conto polas eleccións de Andalucía. Cómpre ter unha cara lavada para dicir os do PP que gañaron, os do PSOE que é un bo resultado, cando os primeiros perderon case trescentos mil votantes e os segundos máis de 600.000.

O único partido que gañou votantes foi IU que pasou de 6 escanos a 12 . Agora esta coalición de esquerdas debe mostrar a súa madurez e facer unha política social, pero tamén económica, distinta das formuladas deste nefasto neoliberalismo europeo, demostrar que hai outra forma de afrontar esta crise-estafa, que hai outras alternativas e todo isto facelo sentir na rúa, lugar onde se fai política e non en despachos.

Agora a pelota non está no tellado do PSOE nin do PP, grandes perdedores, a pelota atópase no tellado de IU, que ten que saber xogar as súas cartas sen ceder nin un ápice dos seus principios, desta maneira pódese comezar a trocar moitas cousas, en especial unha rexeneración da democracia que está baixo mínimos, o exemplo o temos na grande abstención que houbo, isto é moi grave.

Non encanto, teño que alegrarme polo fracaso de todo o aparato propagandístico do PP, “mediático” e de enquisas ao estilo Goobels que daba medo, algúns “xornais” ata lles daban unha maioría de 60 deputados.

É imposible facelo tan mal en tan pouco espazo de tempo, non se pode mentir tanto en catro meses de goberno. Os andaluces déronse conta que a reforma laboral proxectada polo PP da man dos grandes empresarios é unha guillotina de cortar os nosos dereitos sociais. Como dicía Cayo Lara: ¡ Non pasaron!. Esquerda Unida parounos en Despeñaperros.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES