As fugas de Cunqueiro
Fernández, Suso - martes, 03 de abril de 2012
Recente e breve estadía na cidade de Vigo deparounos a oportunidade de asistir á presentación que alí se fixo do libro Sobre las fugas de Cunqueiro. Otra vida de Alvaro ante el periodismo y la literatura.
José Landeira Yrago, escritor e xornalista, compañeiro,como redactor xefe, no Faro de Vigo e amigo íntimo do mindoniense; cando en 1965 éste accede á dirección, Landeira pasa á subdirección ás ordes daquel. Ao producirse a marcha de Cunqueiro do Faro(1970) négase a sustituilo no posto.
Cinco anos mais tarde a empresa convence a Landeira para facerse cargo do timón do prestixoso xornal, no que permañeceo ata a xubilación.
Á súa morte, en 1995, deixou publicados unha ducia de libros e os extensos apuntes (uns 450 folios mecanografiados, inéditos), referidos á personalidade e a convivencia co autor de Merlín e familia. Esta obra periodística, pero tamén de pensamento profundo, xuizos literarios e reflexión amena sobre a vida (preñada de anécdotas) e a obra dun amigo admirado, ofrece imaxes novas dun dos narradores galegos mais universais, ao tempo que describe as peripecias dun escritor que exerceu o xornalismo como medio de vida, e independencia, que lle permitiría crear os propios universos ficticios, fora das esixencias das editoras. Landeira fala do Cunqueiro mais humán, mais amigo dos amigos, mais creativo e mais inconformista.
Sobre las fugas de Cunqueiro foi escrito arredor do ano 1991, con motivo do décimo aniversario da súa morte. Falecido Landeira, o seu neto Renato A. Landeira, abogado e xornalista, ordea as notas do avó, actualiza o texto en pro dunha mellor comprensión da especialísima relación autor-protagonista editándoas co devandito título. Foron cinco anos de obra conxunta no Faro de Vigo, de traballo diario, pero tamén, e moito, de fugas
O redactor xefe de La Voz de España, onde o mindoniense escribía a sección Verbas, preguntou nunha ocasión, entre os redactores, quen sabía ingles, co fin de que traducira o pé dunha fotografía. O único que respondeu afirmativamente foi Cunqueiro que, de contado e sen atrancos, o traducíu. Días despois ocurriu o mesmo con outra foto que enviara a mesma axencia de noticias procedendo a traducila nun santiamén.
Unha vez publicadas, o representante da axencia fixo saber á redacción que os pes supostamente traducidos nada tiñan que ver co asunto que trataban as fotografías, polo que en adiante xa as enviaría traducidas.
Sospeitouse que aínda daquela Cunqueiro non sabía inglés. Un redactor recortou a crónica dun xornal e, de parte do director, pediulle ó mindoniense que a traducira; éste, sen inmutarse, negouse: eu viñen eiquí dixo como redactor.Se queredes que faga tamén de traductor, o periódico ten que pagarme un sobresoldo.
Manuel Halcón, grande amigo de Cunqueiro, cando aquél xa non dirixía o ABC recibíu unha carta fechada en Mondoñedo o 12-11-40, na que lle decía: Querido Manolo: me caso el miércoles, 18. Está de Dios que te pida favores y que tú me los hagas: tengo mi pasaporte en la Dirección General de Seguridad, pendiente de una orden de la Secretaría de Mayalde para que lo despachen. Sin pasaporte no puedo ir a Portugal. Si no voy a Portugal no podré llevar a mi novia a Coimbra. Si no la llevo a Coimbra no podré hacerle el amor bajo los almendros
.

Fernández, Suso