Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Festas da Paixón

jueves, 05 de abril de 2012
Todos temos nesta a nosa Semana de Paixón, cadaquen segundo as súas crenzas, necesidades ou posibilidades.

Para os que siguen a senda tradicional de considerar esta Semana como a máis grande segundo as crenzas dos cristiáns, é a ocasión anual que máis se presta para a devoción, contemplación e participación nos milleiros de actos que en toda a xeografía galega – en todo o mundo cristián- se celebran. E calquera pode ter neles o seu lugar, sexa participando activamente, sexa contemplando, proporcionando calor, colaborando en todo tipo de celebracións.

Para os que teñan esta Semana como Festas ou Vacacións de primavera, desexarlles feliz celebración e feliz retorno, nun ano non tan masificado coma os anteriores, pero no que sen dúbida haberá todo tipo de alicientes para un descanso activo, para unha participación certa nas cidades e no rural de Galicia.

Para todos, Felices festas, e que o descanso e o lecer dunhas festas tradicionalmente familiares nos prepare para os tempos que veñen, seguramente difíciles, nos que esperamos o mellor para todos. Felices festas da Paixón!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES