Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Amnistia de conveniencia

lunes, 02 de abril de 2012
A priori, ninguén suscribiría unha norma de amnistía para os caudáis no seu momento defraudados e que agora se pretende que afloren e coticen á Facenda pública, precisamente no momento en que son máis necesarios.

O mesmo Ministro de Facenda recoñecía o pasado fin de semana que non funcionaran os mecanismos que posúe o seu departamento, e o Estado precisaba que aflorasen, e cotizasen, os centos de millóns de euros en “B”, en “negro”, en situación ou paradeiro descoñecido, que veñen representar case a terceira parte de toda a actividade económica do noso universo social.

Ten que ser duro para un político ao que se lle encarga da Facenda pública recoñecer que o seu Ministerio, a Inspección de Facenda, non funciona, ou non funciona como debera para facer aflorar o que se sabe que existe pero nin se pode demostrar nin se sabe exactamente onde está. Ou sábese onde está, pero non a quen pertence.

O certo é que quen defraudara ata o de agora, evitando o pago dun vinte, trinta ou corenta por cento dos seus beneficios á Facenda, pode legalizar agora a súa infracción, delito en casos de importes moi elevados, pagando unicamente un dez por cento da cantidade defraudada.

Essta operación terá unha duración determinada dentro do presente ano, e un importe calculado que xa figura nos austeros presupostos xerais do Estado que veñen de ser aprobados polo Executivo.

Os gobernos, de calquera signo, de calquera nivel, teñen que tragar sapos e cobras e, no caso que nos ocupa, o do Partido Popular ten que sacar adiante unha disposición que nunca houbera apoiado se estivera na oposición. Posiblemente sexa o que teña que facer, diante das circunstancias. E posiblemente sexa esta a cruz dos gobernos en ocasións problemáticas: tomar decisións que non lles gustan, non son populares, e facilitan o camiño dos que veñan despois.

Estamos diante dunha amnistía de conveniencia. Que ven responder a un refrán como “do perdido saca o que poidas”, pero tamén a “se non podes vencer ao teu enemigo, únete a el”. Todo polo presuposto, todo – hasta unha amnistía que noutro momento sería considerada vergonzosa- por tentar poñer panos quentes nunha situación de extrema gravidade.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania